martes, 11 de agosto de 2009

A X Feira da Troita comeza a publicitarse nos medios de comunicación

Boas amigos e amigas, antes de nada disculparme por todos estes días sen escribir pero é que ando a ultimar todos os detalles da X Feira da Troita e a verdade é que non dispoño de moito tempo. En canto pase o día 23 seguro que recuperarei o tempo perdido.
Quérome facer eco de que xa está nos medios de comunicación a información relativa a X Feira da Troita, hoxe tiven entrevista en Radio Voz a primeira hora da mañá e La Voz de Galicia adica hoxe unha columna a falar do programa de actividades que se desenrolarán os días 22 e 23 de agosto, se queredes podédeslle votar unha ollada clickando eiquí http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/08/11/0003_7900739.htm
Tamén xa hai varios medios na rede que están a falar do evento, incluso prestixiosas webs musicais como www.manerasdevivir.com falan dos concertos. A medida que vaian pasando os días diversos periodicos e radios iranse sumando a esta publicidade.

Perdoade pola tardanza

Saudos

6 comentarios:

Alberto dixo...

Viva a troita a montañesa, os cociñeiros deste ano promenten volver a cantar dame veneno que quiero morir

Álvaro dixo...

Cojonudo!! Acabo de saber que as troitas e o pulpo son gratis. Creo que "A Voz de Galicia" non ten unha información correcta da Festa das Troita, je je je!!!!

vero86 dixo...

Víctor!!! Volve!!! =P

Anónimo dixo...

SUERTE!! SUERTE PARA ESTA NOITE!! SEGURO QUE SALE TODO A LA PERFECCION Y DISFRUTAIS A TOPE DE CELTAS CORTOS, Y MAÑANA....A TROITA...QUE PENA NO ESTAR, PERO BUENO SERÁ PARA OS DOLORES...QUE NO ESTA NADA MAL EH?? QUE LARGO EL MES DE AGOSTO, CUANDO LLEGARÁ EL 29!!!!
BESOS A TODOS
SONI.
AH!! VUELVE PRONTO LATO!!!!!!!

riki dixo...

Noraboa Lato polo concerto do sábado, como xa´me ixaninaba, foi todo un éxito, o tempo acompañou e daba gusto ver a marea de xente congregada na praza, os "teloneiros" cumpriron con creces o seu papel e foron creando ambiente antes da chega dos de Pucela, era a primeira vez que vía a ITH coa nova incorporación de Thais e sorprenderonme moitisimo, os Celtas tamén firmaron un bon concerto, bueno, en definitiva parabens porque o mereciades despois daquela xogada que vos fixo o tempo fai dous anos con Loquillo, a seguir así ¡¡¡

Unknown dixo...

Grazas a todos, de verdade. A Feira da Troita dou traballo pero a fin de contas o que importa é que todo o mundo disfrute e o pase ben. Penso que así foi.
Con respecto ó blog pouco a pouco iremos retomando a normalidade agora que terei máis tempo para adicarlle (o martes que ven comezo as vacacións).