Ata 3 participantes sumamos na táboa clasificatoria na xornada que se disputou esta fin de semana. O indiscutible líder ata o de agora Finito acertou o resultado do Deportivo - Mallorca, pola súa banda Esteban acertou o resultado do Athletic - R. Madrid (foto) e quen vos escribe acertou o resultado do Atlético Sobrado - Mesía, facendo de esta xornada a que máis concursantes puntuaron nas 11 xornadas que se levan disputadas, a porra sigue cobrando máis e máis emoción conforme pasan as xornadas. Non dubidedes en participar.
Estes foron os resultados:
Atl. Sobrado 3 - Mesía 1
Mallorca 2 - Deportivo 0
Athletic 1 - R. Madrid 0
Barcelona 4 - Sevilla 0
CLASIFICACIÓN XERAL:
1º Finito: 5 puntos
2º Esteban, Lato: 3 puntos
3º Pitus: 2 puntos
4º Ferreiro9: 1 punto
5º Alberto, Petete, Emilio, Antón: 0 puntos
OUTROS CLASIFICADOS: CARLOS, que segue sen puntuar pero de seguir así acadarao pois nos últimos días está a facer méritos de sobra...
Ningún comentario:
Publicar un comentario