xoves, 11 de marzo de 2010
Boa música para a tarde de xoves
Certo é que xa estamos a xoves pola tarde e xa temos ahí de novo outra fin de semana da que seguro que a maioría dos que me ledes estades desexando que chegue..., sí, sí, non vos fagades os remolóns nin os traballadores, gústavos máis o descanso que un tonto un chicle..., que o sei, que vos coñezo..., jajaja. Pois ben, agora xa falando un pouco máis en serio deixovos o "A Thousand Trees" dos galeses Stereophonics, unha boa canción para o meu gusto que na edición deste ano do Pro Evolution Soccer podemos disfrutar mentres estamos a navegar polo menú principal.
Por certo, unha suxerencia o señor Varela conselleiro de Cultura e Turismo, xa que se equivocou a hora de nomear o noso pobo en Fitur para compensar o seu fatal erro para con SOBRADO DOS MONXES, SOBRADO DE LOS MONJES ou SOBRADO a secas (como prefira o consumidor), non lle faríamos ascos a que un dos grupos que se supón nos concederán polo Xacobeo fora Stereophonics..., imaxínádesvos a Stereophonics en Sobrado? eu tampouco, pero por soñar...
Saudos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Si, tes razón, confeso: gústame máis o descanso que a un tonto un chicle! jaja. Pero ollo, que tamén vou traballar de boa gana :)
Ogallá fagan algo para compensar o desaguisado que causou en Desván de los Monjes... jaja
un saudiño
Deus te escoite. Con Stereophonics e U2 perdoamoslle, por menos non pasamos.
Publicar un comentario