Desta volta surxiu a idea de ir esta fin de semana (aproveitando que o luns é o Día das Letras Galegas, polo tanto festivo en Galicia) a Ávila e a Segovia, dúas das 3 cidades de Castela e León Patrimonio da Humanidade.
O sábado emprenderemos cedo a viaxe de aproximadamente 5 horas cara a Ávila e alí pasaremos a xornada. O domingo será o turno de Segovia aínda que voltaremos para pernoctar en Ávila que é onde teremos a base central de operacións, ou o que é o mesmo (o Hotel).
Luns será o día do regreso pero tamén se aproveitará para ver a sempre bela e apetecible Astorga, onde xa hai moitos anos que teño gañas de ver o Palacio Gaudí pero por unha cousa ou por outra o tempo foi pasando e a pesares de pasar (e incluso parar) decenas de veces pola capital maragata nunca tiven a oportunidade de poder admirar a obra do artista catalán. Ademáis Astorga tamén ostenta un Museo do Chocolate polo que seguro que non imos ter tempo a aburrirnos.
Un saudiño e a coidarse
2 comentarios:
Pásalo bien! A mí Segovia recuerdo que me impresionó. El Acueducto es una pasada. Im-presionante.
Gracias Raquel, jamás estuve en Segovia, le tengo muchas ganas.
Besiños desde Sobrado.
Publicar un comentario