Un ano máis chega a máxica noite de San Xoán tan celebrada en Galicia. En Sobrado a cousa non lle vai "a zaga" e como é tradición mañá celebrarase unha gran lumeirada na área recreativa do Campo Francés. A Comisión de Festas Sobrado 2010 serán os encargados de organizar este evento onde ademáis da "prenda da fogata" as 00.00 horas haberá churrasco e troitas. Por suposto os organizadores habilitarán un bar para saciar a sede de todos os asistentes a tan magno evento. Todos os anos hai un festón no Campo Francés, este ano a cousa non vai ser menos, por riba axuda a climatoloxía, parece que todo se pon de cara.
Qué disfrutedes moito e que teñades un feliz San Xoán.
P.D: non vos olvidedes de pedir un desexo cando saltedes o lume!!!
3 comentarios:
E de lavar a cara coa auga das flores de San Xoan mañá á mañá!!
jeje
Buff, a ver se non afogamos..., jajaja.
Bueno!! Eu dixen lavar a cara coa auga de flores, non facer submarinismo nela! jaja
Publicar un comentario