venres, 27 de agosto de 2010

De cabeza ó Festival Xacobeo 10

Unha boa representación de Sobrado estaremos hoxe no Monte do Gozo co agallo do Festival Xacobeo 10 que reune entre outros a Muse (un dos maiores espectaculos en directo que se pode ver a día de hoxe no mundo) e co engadido de Pet Shop Boys, un dos meus grupos referencia na música electrónica que para min, que xa tiña mercada a entrada antes da confirmación dos creadores do "It´s a sin", "Domino Dancing", "Always on my mind" ou "Being boring" entre outras foi unha máis que grata sorpresa.
O festival dura 10 horas entre grupos e djs, 25.000 persoas estaremos dándoo todo e 500 persoas máis velarán pola nosa seguridade. Se a climatoloxía respeta pode ser unha festa histórica para a Comunidade Autonóma de Galicia, unha data a ter marcada desde xa no calendario.

Contareivos as miñas vivencias en vindeiros capítulos.

Saudos.

Ningún comentario: