venres, 3 de setembro de 2010
Vamos a la playa versión 2010
Pasaron 11 anos desde que o "Vamos a la playa" de Miranda fora un dos temas do verán e soaba en calqueira local nocturno, chiringuito ou kiosko que se arrimase neses meses. En Sobrado foi un tema "estrela" por decilo de algunha maneira e moitos de nós temos lembranzas de abondo sobre este tema e a súa forma de festexalo. Pois agora Loona fixo unha versión actualizada que vos deixo aquí coincidindo co meu comezo das vacacións (onte xa disfrutei da praia e en breves repito).
Ollo porque de novo este tema pode ser unha das estrelas das festas dos Dolores 2010 que tan só faltan 14 días para que comecen... seguirei informando xa que pode haber novidades importantes e moi positivas.
Bicos!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
very special beatch!! nice and civilised!
E tanto, o que pasa é que "beach" escrébese sen "t".
Saudos.
Publicar un comentario