Supoño que moitos de vos xa sabedes que o fillo de Isabel Pantoja e Paquirri militou nas categorías inferiores do equipo merengue. Faime gracia cando Florentino Pérez comenta que no Real Madrid non pode xogar calqueira, senón so "os elexidos". Ben lle iría o bo de "Suplerfloren" votar a vista atrás da historia branca e ver algúns "elexidos" que pasaron por Concha Espiña, sen lugar a dúbidas que tería que rectificar nas súas verbas.
Logo do rexeite por parte dos técnicos da canteira branca a carreira futbolística de "Kiko" viuse truncada, téndose que adicar a outros menesteres. Quen sabe se con Paquirrín perdeuse un Campión do Mundo de fútbol..., imaxinádesvos o fillo da Pantoja levantando a Copa Jules Rimet no lugar de Iker Casillas?
2 comentarios:
Sinceramente? Pois non, non o imaxino! jeje
Eu tampouco o vexo subindo e baixando banda doblando a Sergio Ramos ou Capdevila..., jajaja.
Publicar un comentario