xoves, 2 de decembro de 2010
Para os que nos gusta a neve e vivimos en Sobrado hoxe non é un día máis. O mencer deste xoves 2 de decembro foi máis fermoso do habitual no noso querido pobo. O Mosteiro de Santa María amosaba toda a súa grandeza entre a noite e o día sumando a ilúminación da súa fachada co resplandor do branco manto que cubre Sobrado. Unha neve con un espesor de uns 10 centímetros pintou a capital sobradense dende primeira hora da mañá e neste preciso momento está a nevar copiosamente co cal se prevee que o "manto" siga medrando. Case non teño ningunha foto do día de hoxe pero constame que Juan Karnotxo sí que puido ir a facer un pequeno recoñecemento da "zona" polo que se gardou as instantaneas seguro que gustosamente mas pasará e poderei compartilas con vos desde este blog.
A verdade é que a postal que temos agora mesmo merece moito a pena, está todo precioso.
Con un día de neve coma o de hoxe penso que a canción de Anggun "Snow on the Sahara", un clásico, vaille o pelo. A concordancia entre a música e a velocidade que cae a neve é perfecta.
Saudos nevados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Agardo pois polas instantáneas, non hai nada máis bonito no inverno que ver todo nevado.
Aquí nevou onte pola tarde unha hora, de 5 a 6 máis ou menos, e a primeira hora desta mañá estaba todo branquiño, ainda que non era moi espesa.
Ogallá volva nevar hoxe! Encántame ver nevar, faime unha ilusión coma a un neno unha piruleta jejeje.
Que foto tan guapa! Que suerte! por aqui no nieva ni queriendo. besos y buen find
Sara
Parece que a cousa comeza a remitir pero pausadamente. Que teñades uns días estupendos.
Bicos
Publicar un comentario