Sei que teño o blog non abandonado senón abandonadísimo. O motivo principal é a cordinación da XII Feira da Troita que xa está ahí a 4 días vista e que como sabedes terá de cabeza de cartel a DEF CON DOS, teloneados por Riff Raff. Unha boa antesala ó día de degustación da TROITA Á MONTAÑESA.
Cando pase este fin de semana volverei a adicarlle máis tempo.
Sédeme vos
Bicos e abrazos
4 comentarios:
Creo que ti es dos que sabes diferenciar perfectamente o que é importante do que é urxente e agora non creo que te pille o touro en nada, levas moito tempo cos preparativos. Xa verás, despois da tempestade, sempre chega a calma.
Ánimo, que todo vai saír ben.
Perdoámosche o abandono porque é agosto, que se non... jeje
"Un que vai ir": graciñas polas palabras, a verdade é que a cousa non estivo nada mal. Unha aperta
Vero: o abandono chegará en setembro..., jajaja (é broma).
Non xa, cando collas vacas aínda será peor... jeje
Publicar un comentario