martes, 11 de outubro de 2011
Naya, ese speaker...
A raiz do vídeo que deixei por eiquí a semana pasada con Rafa Guerrero e Mejuto González coma protagonistas onte veume a cabeza aquela incrible historia no partido Deportivo - Getafe que eu mesmo vivín no propio recinto, do sinigual speaker de Riazor, o Señor Naya, que é puro espectáculo cada vez que se pon diante do micro e que fai vibrar todo o Estadio día sí e día tamén. Os que me tedes agregado no Facebook seguro que xa onte a noite o puidestes ver. A historia comeza por un lío que se fai cos nomes dos xogadores que entran e saen no Getafe, finalmente a ovación do respetable foi atronadora.
O video non ten desperdicio, é colosal.
Saudiños e que disfrutedes do festivo de mañá.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Y se retiran otros dos! jaja
Pobre, fíxose un lío. Pásalle a calquera, aínda que foi ben chistoso.
Recórdome unha que liou cando Hassan Salihamidzic xogaba no Bayern de Munich e nun partido de Champions League estivo cerca de 15 segundos patinando unha e outra vez co apelido do xogador. Un verdadeiro espectáculo de home. Por non decir o día que se puxo a cantar un rap antes do inicio do encontro..., jajaja.
Home, pero eso perdóaselle, calquera non se atropela con ese apelido!!!
Doado de pronunciar non é non...
Publicar un comentario