venres, 11 de novembro de 2011
Hoxe non é un venres calqueira
Así é amig@s, non é un venres calqueira pois este finde é moi especial para min. Para comezar mañá a miña querida nai estará de cumple (55 caracois...) e o domingo como ben sabedes chega o apaixoante Depor-Celta, algo que xa desde hai uns días me quita o sono, xa teño gañas de que chegue o momento de entrar no estadio, vibrar co partido (con moita deportividade) e por suposto que gañemos, se é de penalti inxusto moito mellor porque esas derrotas escocen máis..., fora bromas, ogallá predomine a cordura tanto dentro coma fora de Riazor e disfrutemos de unha maravillosa festa do Fútbol Galego. Afronto o partido con cea apostada, polo tanto hoxe e con doble motivo digo máis que nunca: FORZA DEPOR!!!
O igual que o anterior venres repito artista con Juan Magán (que me dixo un paxariño que en algo máis de un mes vai estar moi cerca de aquí actuando xunto con 3 orquestas "top"). "King-Size Heart" xa é número 1 en varias listas das radios musicais.
Que disfrutedes da finde.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Esqueceuche mencionar algo moi importante que tamén ten o día de hoxe como data sinalada: 11/11/11 un auténtico pastizal en xogo no sorteo extraordinario da ONCE. Cruzando os dedos levo xa varios días! jaja
Tiñao na cabeza, pero é que eu hoxe céntrome nos Euromillóns que hai 66 en xogo. De todos modos, tamén teño o meu cuponciño do Once do Once do Once..., non vaia ser que queira tocar ou algo...
Publicar un comentario