Saiu onte nunha animada conversa e é unha dúbida sen resolver que teño que me gustaría que alguén que soubera o motivo mo explicara... ¿ de onde ven a frase "iba borracho coma unha estrepia?".
Eu por máis que lle miro e lle busco sentido a este instrumento non lle vexo a boca por ningún lado para inxerir etílico...
A ver se entre todos solventamos esta dúbida "existencial"
7 comentarios:
Nin idea, na vida escoitara tal!
Haciendo un ejercicio de imaginación,puede ser que al tener la "estrepia" tres patas,se considere que tiene poca estabilidad...y los borrachos/as ya se sabe que muy estables no caminan...........??????????????
esa duda ya la planteé yo hace años y sigue sin ser resuelta..!!!!
Por cierto y hablando de "estrepias"...mi padre suele utilizar la expresión "Padre Estrepia" para referirse a alguien que va de "listillo".
Estiven remexendo pola rede na procura de algo que dea un pouco de sentido a este post pero de momento sigo sen atopar nada ó respecto. Aínda así, seguirei insistindo a ver se sona a flauta.
A min díxome Chucho de Rafael que en paz estea que era pola semelanza ó se moveren tanto a estrepia coma o borracho él díxome "ti tira unha estrepia por unha costa abaixo e mira como baixa. E despois dille ó borracho que a vaia buscar xa verás como van polo mesmo sitio"
As estrepias ao tar no lume estan quentes coma os borrachos
Publicar un comentario