venres, 23 de novembro de 2012
Un finde o que non lle falta de nada
Preséntase un fin de semana completiño, completiño (sen cebola que diría un que eu me sei).
Para os integrantes do Club Atlético Sobrado Xuventude o sábado empeza cedo pois as 12 temos partido no Municipal de Sobrado fronte o Carral B, ou o que é o mesmo, buscamos manter o liderato da competición por terceira semana consecutiva. O rival é un dos favoritos o ascenso ó cal tan so distanciamos nun punto (21 nós e 20 eles).
Logo do partido comida co equipo para repoñer forzas de un partido que seguro que vai ser moi esixente.
Xa pola tarde, nova cita, desta volta en A Boa Viña A Boa Vida de Melide, onde o outro equipo ó que pertenezo, o de fútbol sala, o Pub Q+? ten cita obrigada co noso Presi Alberto. Logo de degustar uns viños pasaremos a cear e logo haberá que rumbear un pouco por Melide co resto do equipo.
Para o domingo queda unha tarde apaixoante deportivamente falando: as 17.00 horas o Athletic - Deportivo onde toca gañar sí ou sí para sair dos postos de descenso onde nos atopamos agora mesmo e as 18.00 horas o último gran premio da Formula 1 onde Vettel e Alonso se xogan o título mundial. Aínda que non son un gran afeccionado as carreiras de coches si me gusta ver decidir títulos de este calibre.
Polo tanto presentase un finde dos que a min me gustan: moito deporte, ceas con amigos e festa nocturna. A verdade é que un non se pode queixar.
Hoxe pincho a Calvin Harris xunto con Ne-Yo e o seu "Let´s Go", probablemente a canción que máis me gusta das que están soando na actualidade. Non hai dúbida de que me pon as pilas este "temón".
Pasade unha boa finde e xa sabedes...
SEDE MAL@S!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario