xoves, 25 de abril de 2013
Hotel Balneario & Golf Club GUITIRIZ
Moi cerquiña de Sobrado, a uns 15 minutos en coche atópase o Hotel Balneario & Golf Club de Guitiriz.
Un establecemento do que case todo o mundo da zona oiu falar pero seguramente non lle prestou a atención que este lugar require.
O Balneario de Guitiriz ten máis de un século de vida, comezou a súa actividade no ano 1908 e logo de uns anos de abandono foi a cadea hoteleira NH quen se encargou de darlle vida co comezo de unha actividade frenética.
Este Hotel-Balneario é un 4 estrelas que ademáis de usos terapéuticos ofrece a posibilidade de poder practicar Golf con un campo que dispón de 9 buracos e que presume de ser un dos máis complexos de toda Galicia.
Pero non queda aquí a oferta do Hotel Balneario de Guitiriz senón que vai moito máis aló: dispón de pista de tenis, 2 pistas de paddle, ximnasio, Bosque Privado ou Rota de Sendeirismo. Un amplo abano de posibilidades para a práctica de actividades nas que se pode pedir prezo sen compromiso, sempre adaptado a todas as carteiras.
Este establecemento está sendo tamén reclamo, cada vez con máis asiduidade, como Centro de Congresos e Convencións. O local ofrece todas as comodidades e adiantos para desenrolar os eventos de xeito satisfactorio.
Isto que vos conto é un breve resumo de todo o que alí podedes encontrar. Aconséllovos que visitedes a súa web www.balneariodeguitiriz.com e vexades todas as posibilidades que vos estou a citar.
RECOMENDABLE 100%
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario