A Comisión de Festas de Sobrado 2013 fixo oficial o cartel anunciador das Festas na Honra ó Patrón do Pobo, San Pedro. Este será o "aperitivo" para o que serán as desexadas e ansiadas festas dos Dolores (Lola 2013) aló polo mes de setembro que un ano máis prometen e e estou máis que seguro que non defraudarán. De momento imos por partes: comezaremos este domingo 23 coa lumeirada de San Xoán e para a seguinte semana disfrutaremos de 2 días de festa da boa na que moit@s xa estamos desexando ver a América unha vez máis na Praza de Sobrado.
Desexarlle toda a sorte posible á Comisión e pedir coma sempre que a climatoloxía respete.
Vémonos no Campo da Festa!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario