A
Comisión de Festas de Sobrado 2013 fixo oficial no seu perfil de Facebook o cartel das Festas máis importantes de
Sobrado dos Monxes, os archicoñecidos
DOLORES. Serán 3 días moi longos e de moito disfrute que algúns alongarán a 4 e o outros incluso a 5. Dependendo a xente que "faga" as vésperas ou que se deite ben entrado o luns pola mañá (tradición por outra parte clásica en Sobrado). Como vedes o sábado hai 3 formacións musicais, entre elas
Israel Espectáculo onde á fronte da batería está o músico máis importante de todo o Concello de Sobrado:
Pablo Espido. Por non perder a tradición que ven de moitos anos atrás, o sábado haberá festa ata entrado o día coa música do
Grupo K.
Se queredes ver toda a info clicade no cartel. FELICES FESTAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario