Chámase Jacinto e é a Mascota Oficial da Comisión de Festas Sobrado 2014 (pòlo menos ata o Entroido). Este "peculiar exemplar" de porco ó máis puro estilo do Oeste foi visto polos bares de Sobrado e pobos veciños.
A Comisión está a buscalo pois o día 2 de Marzo (Domingo de Entroido) teñen pensado sortealo na Praza do Pobo así que urxe encontralo. Foi visto con sombreiro guaiabeiro,unha restra de chourizos ó lombo e dúas botellas de Rectoral de Amandi esta fin de semana no veciño concello de Vilasantar. Se o vedes, por favor, poñédevos en contacto cos Membros (persoas me refiro) da Comisión.
Deixo dúas fotos máis para identificiar ó "elemento" en cuestión:
GRAZAS POLA VOSA AXUDA!!!
3 comentarios:
Según fuentes bien informadas ha sido visto cerca de la laguna, al parecer está preparando una entrevista para la prensa
Algo así tiña entendido ó respecto. Estaremos atentos pois en vindeiros días os xornais...
Grazas pola info Jose!
¡¡¡Jasiiinto!!!
¡Pasa pa a casa!
Publicar un comentario