O humorista coruñés David Perdomo, que xa fixo traballos para a TVG e Cuatro ten desde fai algún tempo un espazo no Programa "Vaya V" de Voz TV.
O seu espazo chámase "Ecceperdomo" e nel caracteriza a diversoas personaxes con vidas entrelazadas. Perdomo deu o gran salto á fama coa súa personaxe "O Koruño".
Nesta ocasión fai de "Amancio Ortiga" un antigo propietario de "unhas 5 ou 6 empresas de Costrución na Coruña... Coruña Capetal"que deixou a vida na cidade para trasladarse ó campo e ter así as súas fincas e as súas galiñas.
Amancio critica que moita xente non sabe "traballar cas mas" e so sabe traballar con ordenadores, o longo do video vainos quedar máis que claro...
A personaxe non é que esté lograda, é que é REAL 100% e o ver o video unha e outra vez vouno asimilando a personas parecidas que levo visto por eses mundos de Deus.
Non me canso de velo.
DISFRUTADEO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario