O domingo 16 de novembro nacerá unha nova Feira en Sobrado que agardemos que co paso do tempo se consolide como un evento a ter en conta no calendario anual.
Ese día verá a luz a "I Feira Gastronómica da Montaña Coruñesa do Concello de Sobrado". Como podedes ver no cartel haberá exposición, venda e degustación de productos da comarca: Queixos da D.O. Arzúa - Ulloa, Castañas, Filloas, Pan, Polbo, Produtos da Horta, Embutidos, Licores, Champiñóns, etc, etc, etc.
Ademáis a espectacular CHARANGA N.B.A. será a encargada de que non falte a música no evento.
Haberá carpas para resgardarse do posible frío ou choiva.
Apuntade a data: 16 de novembro
VÉMONOS AQUÍ EN SOBRADO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario