Como ven sendo habitual nos últimos anos o día grande de Entroido en Sobrado celebrarase pasado mañá domingo día 15.
Desta volta a Festa comeza cedo, concretamente as 12,30 horas nos bares e na Praza do pobo. Será a Charanga QUÉ PASA!!! a encargada de animar este festivo día onde Don Carnal seguro que se encontrará na súa salsa.
Desde o mediodía ata a noite poderedes degustar productos típicos de entroido en todos os locais de hostelería de Sobrado.
Os larpeiros e larpeiras non podemos fallar. Hai que ir a probar de todo e a todos os bares e cafeterías.
Xa a tardiña, logo de un bo xantar de Entroido, dará inicio as 17,00 horas o Concurso de Disfraces onde este ano se repartirán 800 € en metálico nas categorías de Comparsas e Individuais. No citado Concurso haberá Animación, Xogos e Diversión para nenos e maiores. Os que desexedes participar poderédesvos anotar a partires das 16,30 horas na Carpa que estará habilitada na Praza para protexerse do frío e a choiva.
Unha vez rematado o Concurso na Praza a Festa trasladarase os locais Hostaleiros de Sobrado. Todos os disfraces que así o desexen poden pasarse polos bares onde recibirán unha puntuación anónima. Haberá agasallos para os gañadores.
* Nota Importante: TODOS OS ACTOS CELEBRARANSE NA PRAZA DO CONCELLO NO LUGAR DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO.
Pasade un bo Entroido 2015!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario