
Dende hai un tempo a esta parte cada vez que vou repostar a calqueira Estación de Servicio póñome de mala uva debido o abusivo dos prezos que teñen os carburantes pero onte xa foi a gota que colmou o vaso...
Cheguei de traballar e comentame miña nai que viñeron encher o depósito da caldeira da calefacción, e que o prezo era auténticamente bestial. Hai agora mesmo un ano o litro de gasoil de calefacción custaba 0,60 €, onte miña nai pagou o litro a 0,73 €, é dicir, un incremento de 0,13 € nun ano, multiplicado por 800 litros que foi o combustible que entrou na caldeira da un resultado de 104 € máis caro encher o depósito que o ano pasado.
Pero esto non acaba eiquí, pola tarde vou votar gasoil o meu coche e encóntrome coa agradable sorpresa de que o litro de diesel está a 1,061 €, QUE ATRACO! A onde imos chegar? 1 litro de gasoil 176 das antigas pesetas.
Votei 20 euriños= 18,85 litros (NIN 20 LITROS), como me fastidia que nos tomen por tontos. Agora cando os profesionais do transporte fagan outra manifestación e outro parón voltarano a baixar a 0,91 ou 0,92 céntimos para que calemos a boca unha tempada e irano incrementando outra vez. Logo dirán que sobe porque o prezo do barril de petroleo subiu (en dolares, unha moeda máis baixa ca o euro) e tal...
Se a esto lle incrementamos a salvaxe subida do prezo da carne de polo, do leite, do aceite e do pan (productos de primeira necesidade) e os salarios dos traballadores non soben, a onde imos chegar? a onde nos vai levar todo esto? Non sei, pinta moi mal e a crise económica cada vez é máis grave.
AFORREMOS...








