martes, 13 de novembro de 2007

A min, ponme un Godello


Bos días (malos para os supersticiosos). Hoxe vou promocionar unha varidade de viño que se produce en maior cantidade na Comarca de Valdeorras (Ourense) e no Bierzo (León), o viño Godello.
Cando hai algunha celebración especial ou vou de viños por ahí é sempre o primeiro que pido: a min, ponme un Godello, certo é que como en todas as variedades de viño hainos bos e hainos malos, pero por regla xeral soeme gustar o sabor que ten este viño blanco.
Godello: variedade de uva branca orixinaria nas ladeiras do río Sil, cultivase principalmente en Valdeorras e o Bierzo.
Adaptada a chan seco, non lle favorecen os chans húmidos. A mellor calidade dase en chans de ladeira de fertilidade media.
Variedade precoz e de maduración moi determinada.
O racimo é moi pequeno, de forma cónica.
A baia é de tamaño mediano, forma elíptica e color verde-marela.
Os seus viños acadan unha graduación de 11,5 a 12,5 º e acidez reducida. Son de color marelo-pallizo, perfumados, duradeiros no tempo, evolucionando lentamente e con gran corpo. Os seur aromas recordan a mazá.
Polo tanto, se ides a tomar un viño e non sabedes que pedir, decide: a min, ponme un Godello.
Saudiños

4 comentarios:

Pitus dixo...

Yo me quedo con la uva blanca das Rias Baixas(Pontevedra).
Un albariño con su aroma a albaricoque,amplio,seco,muy ligero y delicioso.

Anónimo dixo...

Eu únome a Jesus, non son un gran amante do viño pero tamén me quedo co albariño. Creo que este finde toca beber unha botelliña, algo escoitei dunha posible cena. Te apuntas Jesus?

Pitus dixo...

Pues por ganas no será,pero creo que la importante situación de que tengo que currar me va a dejar sin botelliña y sin posible cena.
Zelan???Ondo!!!

Unknown dixo...

Bueno, eu no Xaneiro paso de pedir Godello que o que teñen alí non hai quen o trague.

Y pasame la botella...