mércores, 28 de novembro de 2007

SÚBELO!


Como afeccioado a música en xeral e o Dance en particular hoxe quérovos recomendar un disco que acaba de sair e que eu dende o venres xa teño. Estaba agardando por él coma auga de maio e tras preguntar no Corte Inglés unha e mil veces o fin saiu.
Trátase do recopilatorio de Sash!. Un disco que non ten desperdicio, con infinidade de cancións Dance moi boas e que seguro que moitos de vos bailastes unha e mil veces.
Debo dicir que Sash! compoñeno 3 persoas: Ralf Kappmeier, Thomas Alisson e Sascha Lappersen (a cara do grupo), os 3 compoñen a música e fan as letras. Rodeados de grandes voces coma Shannon, a gran Tina Cousins, Rodríguez, o sueco Dr. Alban, Sarah Brightman ou o incombustible Boy George fixeron historia na música Dance mundial. Cancións coma Ecuador, Encore Une Fois, Stay, La Primavera, Adelante, Move Mania, With My Own Eyes e a mellor canción da historia da música de Dance para o meu gusto Mysterious Times son xa himnos.
Sash! toma o nome do Dj. Sascha Lappersen, este alemán nado en Nettertal no 1970 revolucionou a música electrónica facéndolle remixes a xente tan importante coma Jean Michael Jarre, Kylie Minogue, Shannon, 2 Unlimited, Todd Terry ou O.M.D.
O disco titúlase "Sash! 10th Anniversary" e recolle as andainas de este grupo alemán dende o ano 1997 ata o 2007, componse de 20 cancións, con unha versión de Ecuador "bestial" (canción número 15) e aporta tamén un DVD onde se poden ver infinidade de fotos e videos de Sash!
Recoméndovolo a xente que vos guste a música de baile pois é un disco que non pode faltar na fonoteca de calquer amante "discotequeiro" e da música electrónica. Seguro que a maioría das cancións vos soarán.
Se queredes saber máis sobre Sash!, ver videos, escoitar música, mercar os seus discos e incluso camisetas moi, pero que moi guapas entrade na súa web oficial www.sashworld.com seguro que vos entusiasma.
Para o meu gusto a mellor formación da historia do Dance xunto os holandeses 2 Unlimited.
A disfrutar

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Ecuador é unha canción mítica!! Quen non coñeza esa canción...vaia por Dios! jeje

Os 2 Unlimited tamén lle gustan a meu irmán, tenme a cabeciña tola con eles!!

Unknown dixo...

Ecuador é unha canción que non pasa o tempo por ela.
Ray e Annita (2 Unlimited) eran uns auténticos MAKINONS! levo algún tempo buscando o recopilatorio de eles. E non descartes que se volvan a xuntar pois eu xa lein rumores pola rede aínda que xa sabes que sempre hai mil rumores e só un ou dous son certos.

Anónimo dixo...

Si, en internet adoitan pasar esas cousas. Moito "díxome díxome" e ó final pa encontrar algo que sea certo, vólveste mico.

Acabo de mirar en youtube e encontrei un vídeo da canción Mysterious Times e tes razón: se non a mellor, polo menos é unha das míticas xunto con Ecuador. Así polo título só non me dicía moito, pero ó escoitala deime conta de cal era e encántame.

Tes bo gusto coa música eh jeje.

Pitus dixo...

Desde luego un auténtico crack!
Un productor que todo lo que ha hecho lo ha convertido en oro,todas sus producciones se han transformado en exitos!
Yo,como "loco" de la música electrónica,y aunque el Dance no sea el estilo que mas me guste,tengo que decir que he visto en directo a este hombre,asi como a Safri Duo o Milk Inc.,(tambien makinas del dance),entre otros,y me ha encantado.
Sus tracks forman parte de la historia de la música(no solo del dance).Por cierto,he podido comprobar que este fin de semana está en España:ayer en Madrid,hoy en Valladolid y mañana en Lleida.
"Ladies and gentlemen,now it´s time to dance to the beat of SASH"

Unknown dixo...

Guapísima esa canción Pitus.
Leña al mono que es de goma, lo dicho:

SUBELOOOOOOOOOOOOOOOOOOO!