martes, 27 de novembro de 2007

A Comisión Sobrado 2007 de cea

Víctor Cabanas
Pablo Calvete
Lisardo Santos
Javier Lago
Pablo Pazos
Manolo Amil
Eiquí nos tedes os 6 membros da Comisión Sobrado 2007 na Marisquería El 10 de A Coruña o pasado sábado 24 de novembro.
Tras finalizar o noso traballo como membros da Comisión tivemos a ben celebrar unha merecida cena logo de un longo ano de traballo e comeduras de cabeza.
Temos miles de anécdotas e moitas moitas fotos. Tras cear saimos polo Orzán e encontramos a multitude de peña coñecida: Cris, Nishita, Pali (Sobrado Power) e Grandío (afincado de Sobrado nas festas e celebracións), Patri e Lucía de Cabrui, Gonzalo e Javi Ramal de Teixeiro, Elena de Curtis e como non 2 famosos: no Tandem Bar estaban Adrián López e Filipe Luis do Real Club Deportivo o primeiro non estaba convocado e o brasileiro estaba sancionado para o partido do domingo fronte o Athletic.
A verdade é que mo pasei de cine (aínda así votei un pouquiño de menos Melide -pola costumbre e tal...-), non durmimos nada e chegamos o hotel as 11 co tempo xusto para ducharnos (eu desayunei na habitación un Kit Kat e unha Calsberg, je je).
Máis tarde fumos comer e viñemos para Sobrado, nada máis chegar metinme na cama e durmin unha sesta de 3 horas que boa falta me facía.
Queremos agradecer unha vez máis a tod@s @s que fixestes posible que as festas de Sobrado 2007 sairan adiante, todo o apoio moral e económico que nos distes o longo de este ano. Xa sabemos que incluso chegamos a ser pesados pedindo pasta pero penso que mereceu a pena.
GRAZAS

9 comentarios:

Anónimo dixo...

¡Vaia día!.
Totalmente dacordo contigo,
dende o comezo ata o remate teño que dicir que o pasamos moi ben.Este é un deses días da vida para lembrar. Espero que as fotos que se sacaron durante a noite reflexen ben o feito, xa que quero telas para o recordo.Como ben dis agradecer a todolos que colaboraron coa comisión para facer o que creo, foron as mellores festas de Sobrado.
Un Saudo:

O Muxico.

Anónimo dixo...

Alégrome moito que disfrutárades na vosa merecida cea.Xa me gustaría ver todas as fotos e incluso algunha imaxe que non puidestes fotografiar,ou equivócome??
Polo demais tranquilo Lato, Melide segue coa mesma xente(máis ou menos) e no sitio de sempre.
P.D.:tiveches un finde movidito eh!!!!

Anónimo dixo...

Bonitas fotos de Lisardito y compañía...en marchaenlacalle.com

Unknown dixo...

Hostia! acabo de ver as fotos de marchaenlacalle.com, je je je, que boas. Por sorte eu non aparezo en ningunha, je je je.

Qué sorpresón!

Álvaro: pffffffff! como che diría eu IM-PREZIONANTE. Durmin menos horas ca un reloj de cuco, encima a teu irmán (meu padriño) vai e ocurreselle gañar o Campionato de Tute de Cabrui cunha chea coma un piano (eu non estaba moito mellor).
SHOW POR TODO O ALTO!

Na nosa liña, xa sabes...

Anónimo dixo...

Que guapos!! jeje

Bo almorzo o teu eh!! jeje despois dunha noite de rumba almorzar con cervexa debe sentar de cine jaja

Unknown dixo...

Vero: a verdade é que zume no me apetecía e decanteime pola Calsberg que sempre foi unha cervexa que me gustou bastante (o Kit Kat era a excusa perfecta, je je je).

Anónimo dixo...

jajaja o kit kat era pa disimular non? jejeje eres un crack!!

Pitus dixo...

Hay que disfrutar,claro que si!!!Que yo con la ostia de que llevo tres meses currando los findes por la noche llevando a todos los moñas en el autobús,no he podido.Pero eso se acaba ya,un par de findes mas y que Dios me pille confesado que arraso con la noche y con el dia después y todo lo que se ponga por delante.
Ya le he echado un vistazo a las fotos de marchaenlacalle.com,están bastante bien,que formalitos!
A todo esto,la cerveza,lo mejor para la resaca,el que no lo haya probado aún está a tiempo.

Unknown dixo...

Je, je, Vero grazas polo de crack, e que se non tomaba o Kit Kat o disimulo era pouco, polo tanto e para acompañar unha garimbiña as 11 da mañán, je je.

Pitus, los de la Generación del 78 sabemos que la cerveza es lo mejor para la resaca, lo malo es si te excedes y vuelves a pillar otra por lo tanto al día siguiente cerveza otra vez..., je je je, el cuento de nunca acabar.
Dios santo que pánico cuando vuelvas a la noche, uff, APARTANNNNSE QUE VIENE ER PITU, joder, se pueden ir preparando por Euzkadi los garitos, baretos, discos,antros, bodegas y demás, Schumacher va a marcar los mejores tiempos...