Bos días. Se hai unha serie que cando era pequeniño me impactou esa foi V. Era unha serie que me encantaba pero a vez me daba medo. Recordaredes a malvada Diana (na foto), o periodista Mike Donovan ou a Doctora Juli Parrish. Nesa época compraba Tele Indiscreta todas as semanas porque traía infinidade de cousas e reportaxes de V. Aínda me lembro unha vez que traía de regalo unha pistola de cartón coma que utilizaban os extraterrestres e fíxome unha ilusión que non vexas.
Esta é unha pequena sinopse da serie:
Extraterrestres humanoides (de apareciencia prácticamente humana) chegan a Terra dende o cuarto planeta de estrela Sirio nunha flota de enormes platiños voadores que "aparcan" sobor as principais cidades do mundo. Parecen ser amigables e buscan a axuda dos seres humáns para obter certos productos químicos que necesitan no seu propio planeta. A cambio, prometen compartir a súa avanzada tecnoloxía cos seres humans. Os gobernos do mundo aceptan, e os Visitantes gañan unha gran influencia nas máis altas esferas do poder do mundo.
Sen embargo, rápidamente comezan a pasar cousas raras, por exemplo algúns científicos comezan a encontrar hostilidade de parte dos medios de comunicación e restriccións legais nas suas actividades e movementos. Algúns dos máis afamados homes de ciencia comezan a orientarse cara prácticas subversivas e conductas extranas, como repentinamente voltarse zurdos cando toda a súa vida foron destros. Aqueles que investigan esta situación desaparecen sen deixar rastro.
O periodista Michael Donovan introdúcese na nave nodriza dos Visitantes e descobre que debaixo do seu disfraz humanoide, os extraterrestres son reptís de preferencias carnívoras, con gusto marcado por roedores, aves e en ocasións tarántulas.
Cando Donovan trata de denunciar esta situación, a transmisión é bloqueada e Donovan convertese en fuxitivo requerido tanto pola policía como polos visitantes.
Conforme a serie avanza, revelanse as verdadeiras intencións dos visitantes: roubar toda a auga da terra e colleitar a humanidade coma fonte de alimento, deixando só uns poucos como esclavos e soldados/carne de cañón para as guerras que os visitantes teñen con outras razas extraterrestres.
Os científicos son perseguidos para desacreditalos, pois son os que probablemente se darían conta primeiro das intencións dos visitantes, aínda que tamén para distraer a atención humana cara a outros asuntos. Incluso algunhas personalidades importantes son suxeitas a unha especie de lavado de cerebro (chamado "conversión"), a cal fai que teñan obediencia total cara os Visitantes, aínda que a humanidade non perciba os "pequenos" cambios que esto implica na xente sofre o proceso (por exemplo, cambiar de destro a zurdo). No obstante, hay moitos humans (a propia nai de Donovan entre eles) que colaboran cos visitantes, o que voluntariamente ignoran ou rexeitan a verdade subxacente.
Sen embargo, fórmase un movemento de resistencia, determinado a expoñer e oporse os Visitantes ata donde lles sexa posible. A líder do Capítulo de Os Anxeles é a Dra. Julie Parish; eventualmente Donovan únese a este grupo. A Resistencia comeza a atacar os Visitantes. Posteriormente surxe disidencia entre os mesmos Visitantes (este grupo coñecerase coma a Quinta Columna, liderada por Martin), quenes se opoñpen os plans dos da súa propia raza, e intentan axudar a Resistencia de calqueira maneira posible.
Para min a serie só tiña un pequeno-gran problema, non soportaba cando os extraterrestres comían os ratos e cando quitaban a pel de humano e víaselles a súa verdadeira pel: unha pel verde noxenta que dabame grima.
Polo demáis a min a serie encantoume.
13 comentarios:
Totalmente de acuerdo."V" fue una serie que nunca olvidaré.Incluso recuerdo que se vendían ratas grandes de gominola imitando a la serie,ya se sabe:las modas.
Y luego pues lo de siempre:uves rojas pintadas por todo el barrio,si comprabas un chicle:pegatina de V de regalo,etc...
Tambien recuedo a mi madre preguntarme:
-ese es de lo buenos o es un "lagarto"??
Eu acórdome desta serie, de vela e todo, pero a verdade é que non sabía tantas cousas. Non sei se é que as esquecín ou simplemente cando vía a serie non me enteraba da misa a medias, porque eu era ben pequecha (pouca morea jeje) cando vía esto na tele.
Do que sí me acordo como se fora onte é do día que morreu Diana de Gales. Levanteime pola mañá, puxen a tele e deron a noticia no intermedio de "V". Disto xa fai 14 anos.
Tamén me acordo de que cando sacaban a pelexa eu fechaba os ollos jaja, pasábame coma a ti, non soportaba iso, dábame un noxo tremendo!
Si Pìtus, me acuerdo de las ratas que mencionas, las vendía Olga en el Estanco a 25 pesetas y el animal de Tato se las "jalaba" de penalty después de comer al mediodía, daba asco mirarle para la garganta, parecía que iba a explotar.
La frase de tu madre la decía todo el mundo, si señor, es mítica!.
Vero, o da "pelexa" era noxento, a que si? je je je
por fin cheguei e mira ti que me atopo!!!!!!jajaja!! desta non te libras macho isto teñoo que poñer... neno deixachemo a "huevo"
"no lo creo mucho.... los lagartos son una mierda.... PIXA DARRIBA!!!!"
como se escribe nos comics en galego: "ga!ga!ga!ga!ga!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!que me escarallo da risa......
Tio isto non se me esquecera na vida.... ainda ei buscar a cinta que como a teña.... colgo o sonido e todo!!!!ga!ga!ga!ga!ga!
cuantas sobremesas habremos pasado en casa de nishita viendo el coche fantastico?,madre mia,era el "Cine de Barrio" de la Alvariza,que tiempos,ja ja,a ver si va a ser verdad que nos stamos haciendo mayores??
Noxento era pouco dicir!! Era repelente, asqueroso...argg!!
Aínda que ben mirado, hai cousas reais ben máis noxentas que iso, por desgracia.
Saúdos e a seguir así co blog, divertido coma sempre. ;)
Qué pasa Nishita? recuperache da festa en Coruña do sábado? je je je. Si a verdade é que co tema de "V" púxencha a huevo, je je je.
- Pitus: la verdad es que la casa de Nishita siempre fue un 2º hogar (mejor dicho, un primer hogar para nuestra generación). El trato de Fina y Avelina hay que definirlo como sensacional, fantástico, estupendo e increible. Gracias por toda esa hospitalidad a tanta cuadrilla de "trastos".
- Vero: grazas polas túas felicitacións, danme ánimos para seguir elaborando post.
SAUDOS A TODOS
Bueno, bueno, bueeeeeno!
Que de recordos trae V! Mira que me gustaba. Meu irmán ten aínda unha cicatriz sen pelo na cabeza porque se empeñou en que el quería ser Donovan... e claro! non se pode ter todo! jajaajaja Non fun eu, eh!
Bicos, Víctor.
Vanessa: seguro que non fuches ti o da cicatriz do teu irmán? je je je. A verdade é que "V" marcou unha época na nosa xeración (eu teño 29 anos).
Falando de cicatrices, teño unha de fai 2 semanas que fixen na túa terra, máis concretamente en Visantoña pegando uns carteis nunha marquesina para a Feira Agrogandeira de Sobrado. Algún iluminado grapou papeis en vez de pegar o plástico da marquesina e corteime cunha grapa oxidada. Aínda teño a marca, que lle imos facer.
Veña bicos
¡Miña nai querida! Hai ben tempo que non recordaba esta serie.
¿Virá de aquí aquelo de cruzar os dedos e dicir: LAGARTO, LAGARTO,...?
Un blogue moi ameno.
De nada!!
Pois iso iso, ti segue elaborando posts que eu leo!! Dame moita pereza facer un blog, pero ler o teu non jeje. Moito tempo para atendelo non teño, e como tampouco considero que teña moito interesante que contar, pois por iso non o fago...que vaga son!! xD
-Hola Mer, benvida o meu blog, alédame moito que che guste. Xa sabes que estás na túa casa.
- Vero: todo o mundo ten sempre cousas que contar muller, aínda que sexa todo o que se che ven a cachola xa tes montado un blog. Como ves eu saco temos de calqueira cousa. Anímate e fai un.
Saudos
Xa pensei máis veces en facer un, así que non o descarto. A ver cando teña máis tempo... Se o fago xa che deixarei por aquí a dire, agardo os teus comentarios!!
De todas maneiras, seguro que nin de lonxe me quedaría coma o teu, que o tes ben currado.
Saúdos.
Publicar un comentario