Este derivado da caña de azúcar non pode faltar en calqueira tipo de celebración: xa sexan cumpleanos, festas patronais, nadal ou simplemente porque é fin de semana, qué carallo!
En Sobrado a maioría da xente en idade de beber alcohol (é dicir, o 95% da poboación) fai anos que vimos reclamando o sistema de Ron Cidade e se puidese cubrir toda Galiza (coma Toldos Gómez) mellor que mellor. O sistema é moi simple, mediante unha centraliña (no caso de Sobrado unha Central ben feita) enviase o ron directamente as casas dos usuarios que así o soliciten mediante unha tubería subterranea, poñendolle un grifo en cada fogar o lado do da auga. Tamén se poderían poñer extensións os diversos departamentos da casa tendo que pagar un plus por metro a maiores recorrido. Imaxinade por un momento un grifo de Ron Ciudad na sala, nas habitacións e para os que non queren perder no tempo incluso na ducha, sería o non vai máis...
O máis costoso é excavar e o tempo das obras non sei canto pode levar pero sería un servizo que moitos habitantes agradecerían, polo tanto teremos que facer unha Plataforma Pro-Ron Cidade para que nolo instalen, sería unha innovación e un xeito de meterse de cheo no século XXI (o século do vicio, vicio...)
Agora só queda porse en contacto coas grandes marcar que fabrican este prezado licor para aportarlles a idea e que eles vexan se lles compensa ou non. No caso exclusivo de Sobrado penso que a firma dominicana Ron Barceló parte con ventaxa e se fai un estudo detallado comezarán as obras mañán mesmo. Polo tanto, xa sabedes a partires de agora tod@s con un único berro.
RON CIDADE XA!!!!
5 comentarios:
O que estaría claro é que os bares cerraban todos jaja. Acabouse o problema do botellón, agora todo o mundo tería unha villa de ron na casa (ou máis) e nin saír a beber á rúa nin nada, na casiña. Así xa tes a cama cerca e se che son horas xa vas durmila máis pronto jeje.
Eu o Barceló creo que nunca o probei, adoito beber máis Brugal. Pero a idea en sí está ben.
O que estaría claro é que os bares cerraban todos jaja. Acabouse o problema do botellón, agora todo o mundo tería unha villa de ron na casa (ou máis) e nin saír a beber á rúa nin nada, na casiña. Así xa tes a cama cerca e se che son horas xa vas durmila máis pronto jeje.
Eu o Barceló creo que nunca o probei, adoito beber máis Brugal. Pero a idea en sí está ben.
Ei, que lle pasou a isto que postea por duplicado?
Yo soy mas de NaturVodka pero apoyo la iniciativa tambien!
De todas maneras se acabaria con una de las costumbres mas enriquecedoras de la fiesta:
Las vueltas a casa por el Bacelo arriba y sus incontables experiencias,Schumacher!!!!!!
Esta claro que la fiesta, sin ir a Melide, no es la misma fiesta, que sería de nosotros si no existiese el señor Bocelo? ehhhh Schumacher??
je je je
Publicar un comentario