Crea tus propias portadas en soyportada.com
O que onte puidemos ollar no partido de Copa do Rei Alcorcón 4 - Real Madrid 0 parece o guión quitado de unha película americana onde o pequeno e torpe se come o grande e habilidoso.
O partido de onte quedará nos anais da historia como a humillación futbolística máis grande que se recorda xamáis. Un equipo pequeno de 2ªDivisión B, onde os seus xogadores son semiprofesionais e non viven so do fútbol merendouse (e non digo gañar, que eso xa o fixeran outros) literalmente o Real Madrid "dos 250 millons de euros invertidos en fichaxes" con unha goleada de escándalo que puido ser aínda máis grande se o equipo marelo chega a estar máis atinado. Certo é que os merengues tamén tiberon opcións de marcar pero o porteiro Juanma encargouse de evitalo.
De verdade que o xogo de onte do Alcorcón foi de auténtico luxo, xamáis se votou atrás e foi co coitelo entre os dentes a por máis goles. Un baño en toda regla.
Tachar, borrar e denunciar unha vez máis e xa van non sei cantas a actitude de un Guti impotente, que cada vez que as cousas van mal emprendea e empurros e a insultos cos seus rivais e con un prepotencia que deixa ben as claras a impotencia de este "energúmeno". Sen lugar a dúbidas leva moitos anos sendo o futbolista máis maleducado a nivel mundial e con 32 anos non ten moitas pintas de cambiar.
Agora faime gracia que todas as culpas son de Pellegrini, o Marca e a prensa madrileña en xeral xa se está encargado de querer votar ó chileno. Unha prensa que non aprende e leva nos fuciños unha e outra vez. A semana pasada daban o Barcelona por morto cando empatou con todo un Valencia que non é manco e perdeu co Rubin Kazan en Champions League (nin que os xogadores blaugranas non fosen humans e puidesen ter días mellores a peores), a contestación dende o Camp Nou fíxose da mellor maneira posible: con un 6-1 ó Zaragoza en Liga. En xullo ían ser campións de todas as competicións queréndose comparar coa campaña anterior que fixera o F.C. Barcelona e non se dan conta que os cataláns xa teñen o equipo feito, que non teñen xogadores do montón coma Marcelo, Drenthe, Albiol, Metzelder, Guti ou Diarra e que en Concha Espina xamáis hai estabilidade, nin social, nin deportiva. A prensa segue a ter moito que dicir na dirección do equipo e así as cousas van como van..., que sigan vendendo glamour, que sigan sendo o mellor equipo económicamente falando pero a final de tempada o que lles importa os afeccioados e socios é o bo xogo e sobre todo (non nos imos enganar) os resultados.
Toca reflexionar...
1 comentario:
Toca reflexionar, toca! A Guti sobre todo, mira que me cabrea a forma de ser dese tipo!!
Desde logo que os xogadores do Alcorcón lle deron toda unha clase de estilo e saber estar cando a emprendeu a empurróns con eles.
Esto foi un chorreo en toda regra! Si señor!
Publicar un comentario