xoves, 15 de outubro de 2009

O verme sempre está ahí


Pasaron 8 longos anos dende que me plantexei deixar o fútbol sala federado por mor de que unha rodilla me daba bastante a lata. O fútbol e o fútbol sala sempre foron 2 das miñas paixóns e sempre que vexo os amigos xogar sinto envexa sana deles de ver como disfrutan sobre o terreo de xogo. Está claro que como espectador tamén se disfruta, pero de outro modo.
Pois ben, logo de falalo entre un grupo de amigos este ano conformamos un equipo para xogar en 2ª división da Liga Federada de A Coruña (Salesianos). Chegamos o equipo Esteban, Pirulo, Chino, Diego e eu para intentar axudar ó equipo que xa conformaban Cachi, Alvaro, Pichi, Diego o Gemelo e Víctor Gómez. Xa van dous partidos disputados e por motivos de viaxes eu aínda non debutei. O primeiro partido gañaose 4-0 e o no segundo acadouse un empate a 4 goles. Está claro que o verme de xogar sempre está ahí polo que hoxe é un día diferente pois logo de tanto tempo sen participar en competición federada volto os terreos de xogo coa ilusión de un principiante. Seguro que as primeiras xornadas me costará adaptarme pero confio en que pouco a pouco a cousa vaia indo ben e que todo o plantel disfrutemos enormemente de este belo deporte.

Saudos.

2 comentarios:

vero86 dixo...

Pois que disfrutes moito e teñas sorte coas lesións (espero que non haxa) e poidas xogar mooooito tempo coa ilusión e as ganas de quen comeza a facer o que realmente lle gusta!

Unknown dixo...

Disfrutei (gañamos 3-0) a nivel individual estiven francamente mal (faltame moito) pero como teño unhas máquinas de compañeiros solventamos o partido sen problemas. Grazas a Deus as lesións brillaron pola súa ausencia.

Saudos.