
Unha mala nova surxiu hoxe para todos os blogueiros que temos dominio "blogspot" xa que parece que o dominio "falsespot" vai comprar o dominio que rixe agora estes blogs gratuitos e entraría en funcionamento o 1 de xaneiro de 2010 ou o que é o mesmo, xa este venres. A idea inicial de falsespot sería cobrar 80€ mensuais polo dominio co que seguro que moitos dos blogueiros entre os que me incluo nos negaríamos a ter que pagar un prezo que o meu entender é abusivo. Polo tanto a día de hoxe o futuro de milleiros de blogs co dominio blogspot é incerto a espera de novas esperanzadoras.
De todos os xeitos ata o 31 de decembro este blog seguirá en funcionamento polo que irei ampliando post e rezando por que falsespot non se faga co dominio e arruine a blogosfera gratuita.
En espera de novas...
Víctor Cabanas
1 comentario:
Que fillos de puta os Falsespot esos. Como saben que Blogspot é de Googlem e Google teñen poucos cartos para pagar 8€ anuais por un dominio, estan esperando que o dexasen caducar para roubarllo... cabróns...
Bueno, fan ben. Nesta vida hai que ser listos. Eu por exemplo vou esperar a ver si Microsoft, que tamen andan en crisis, se olvidan de renovar o dominio Hotmail.com, entón mercareino eu e despois cobrarei 90€ a todos os que quieran usar o correo de Hotmail. Hahahaha! Que listo son...
Pero Shhhtttt, tío, non contes os meus plans no blog, porque a xente e tontiña e seguro que paga os meus precios. Se ti fas un post previndoos e decindo que é abusivo, vasme a espantar ós futuros clientes.
Por certo... ¿sabes canto costa contratar un plan de hosting? Porque se un blog gratuito, con publicidad, sin acceso ó servidor, e con control de contidos por parte de terceiros, vale 80€.... un plan de hosting debe valer unha millonada.
¿E sabes o que é un HOAX?
Bueno, deixote, que teño a pota ó lume. Saúdos
Publicar un comentario