luns, 14 de maio de 2012

A Porra: José Antonio mete presión á cabeza

Unha xornada máis José Antonio volve a ser o protagonista da mesma logo de acertar os partidos Numancia - Deportivo e Betis - Barcelona sumando así 5 novos puntos. Esto fai que se aupe na terceira praza da competición con 43 puntos a xa tan so 2 do líder Alberto.
Outro participante para o que foi unha gran xornada foi Esteban que acertou o R. Madrid 4 - Mallorca 1 e sitúase na 4ª praza con 41 puntos e por suposto con serias opcións de repetir o título de campión do ano pasado.
Tamén Petete anda na loita polo liderato e logo de unhas xornadas sen sumar nesta conseguiuno acertando o mesmo partido que Esteban.
O último participante que sumou foi Pazitos tamén acertando o partido do Bernabeu polo que con estes 3 novos puntos sube unha posición na taboa en detrimento de Ferreiro9 e suma xa 21 puntos.
Comentarvos tamén que tan so faltan 3 xornadas (a partires da agora serán partidos de 2ª división) para o remate da competición e un gran número de participantes teñen aínda as opcións intactas. Afinade nos vosos pronósticos...

RESULTADOS:


Villarreal 0 - Atlético 1 * PARTIDO DA XORNADA
R.Madrid 4 - Mallorca 1
Betis 2 - Barcelona 2
Numancia 0 - Deportivo 3
Málaga 1 - Sporting 0


CLASIFICACIÓN:


1. Alberto 45
2. Iago 44
3. José Antonio 43
4. Esteban 41
5. Emilio / Petete 40
6. Chino 36
7. Lato 31
8. Finito 30
9. Pirulo 29
10. Pitus 28
11. Villa 27
12. Pazitos 21
13. Ferreiro9 19
14. Nuria 17

Ningún comentario: