A Boa Viña A Boa Vida local hostaleiro ubicado na zona dos viños en Melide celebra o vindeiro venres 11 de maio o seu primeiro ano de existencia. O local que está baixo a xerencia de Alberto Buján (dono tamén do Pub Q+? na zona dos pubs melidenses) será unha auténtica festa a partires das 21.00 horas onde nos ofrecerá unha nova imaxe. Ademáis como podemos ver no cartel non faltará detalle (degustación de viños de diferentes Denominacións de Orixe, Cerveza de Bodega Estrella Galicia, Barman Acróbatico que convidará a un Gin Tonic, ademáis de agasallos e sorpresas).
Xa sabedes, non vos podedes perder este festón na zona dos viños de Melide o vindeiro venres 11 de maio (para máis sinais, o día do meu cumpreanos..., jujuju).
Ningún comentario:
Publicar un comentario