martes, 23 de outubro de 2012

A Comisión Sobrado 2013 comeza a súa andadura

 Xa temos a relación de valentes que serán @s encargad@s de que Sobrado baile no ano 2013. A Comisión organizadora das festas de San Pedro e Dolores votou a andar oficialmente este domingo co sorteo da primeira cesta que lle tocou a María Tato.
Como decía hai un intre, son 5 @s valentes que afrontarán un ano especial, duro, apaixoante e por suposto divertido. Comezarei polas señoritas: Sandra e Adelaida, e seguirei polos cabaleiros: Rubén, Alberto e Juan.
Como vedes na foto superior a comisión xa ten organizado un MAGOSTO na Praza do Pobo que terá lugar o vindeiro venres día 2 de novembro coincidindo coa Ponte de "Todos os santos".
Non quero deixar sen comentar que a Comísión dispón de lotería de Nadal, polo que se desexades mercar o número "máxico" so tedes que achegarvos os locais hostaleiros de Sobrado e mercalo.
Tamén citar que a organización dispón de Facebook, buscade por "Comisión Sobrado 2013" e encontrarédelos. Alí obteredes información máis detallada do transcurrir da Comisión e os eventos que vaian xurdindo.
Desde aquí dar todo o meu apoio a esta xentiña que estou seguro que o vai facer de auténtico luxo e poño a man no lume a que as festas en Sobrado no ano 2013 serán por todo o alto.

MOITA SORTE!!!

Ningún comentario: