mércores, 31 de outubro de 2012
De novo un festivo
Apenas pasadas algo máis de dúas semanas do festivo do Pilar xa nos encontramos que mañá teremos outro: Todos os Santos.
Aproveitando que é xoves seguro que moit@s de vos faredes Ponte e non volveredes "a carga" ata o luns.
Desde aquí desexarvos que hoxe festexedes como se merece o "Samaín" e que non desperdiciedes estes días festivos que se achegan.
Cita moi importante na que volvo a incidir será o Magosto que organiza a Comisión Sobrado 2013 o venres na Praza do Pobo a partires das 20.30 horas. NON PODEDES FALTAR.
A nivel particular estes días pintan máis que ven: hoxe partido de fútbol sala do Pub Q+? na Coruña en prol de outra nova victoria que nos achegue os postos de ascenso, ó acabar o partido a quen somos igual incluso se nos ocurre ir tomar algo... Mañá visitaremos Riazor á noitiña para presenciar en directo o partido dos dezaseisavos da Copa do Rei entre o Depor e o Mallorca.
Venres ademáis do adestramento do Atlético Sobrado, como xa dixen antes asistiremos ó Magosto para colaborar con esa Megacomisión e tomarlle algo para que vaian facendo cartiños.
Sábado nin que decir ten que "la nuit es la nuit" e o domingo cita importantísima no Campo Municipal de Melide onde o Atlético Sobrado (4º clasificado) visita ó Cire Melide (2º clasificado) a partires das 16.15 horas. Entre ambos equipos so hai unha distancia de 3 puntos polo que o partido seguro que será apaixoante.
Deixovos con Flo Rida e este "Whistle".
SEDE MAL@S!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario