mércores, 6 de marzo de 2013
IMBORRABLE e INOLVIDABLE
Os que seguides este blog desde hai bastante tempo sabedes que cada 6 de marzo o protagonista do post do día é o R.C. Deportivo e o famoso CENTENARIAZO do 6 de marzo de 2002 no Santiago Bernabeu (Final de Copa do Rei contra o Real Madrid para os máis despistados).
Cada ano, este 6 de marzo, fun citando algunhas cousas novas e repetíndome nalgunhas outras de todas as fazañas que ocorreron en tan lembrado día. Teño a fortuna que na miña vida ocorréronme moitísimas cousas boas e por sorte moi poucas malas, pero sempre o digo: o 6 de marzo de 2002 é un dos mellores días da miña vida. Xamáis o olvidarei e teño infinidade de recordos: tanto da noite anterior de farra que montamos en Sobrado, así coma na viaxe de ida, no prepartido xa nos aledaños do Bernabeu, no baño que lle dimos o Madrid Galáctico, no post partido e na viaxe de volta... todo esto forma parte da miña historia persoal e o levarei con gran ledicia conmigo a tumba.
Hoxe entroume a nostalxia e fun ó fondo do baúl para recuperar unha boa cantidade de fotos que teño de aquel magnífico día. Fotos de moitas risas, moita diversión, de grandes recordos e de infinidade boísimos amigos, entre eles Bross, o que xamáis ningún de nos olvidaremos.
Este ano quixen poñer este video que xa anda pululando por Youtube. Un pequeno estracto de 3 minutos 30 segundos que sirven para resumir de xeito mioi breve o partido e o ambiente do CENTENARIAZO.
QUE NOS QUITEN O BAILADO
ORGULLOSO DE SER DEPORTIVISTA
FORZA DEPOR
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
O teu post do 6 de marzo é máis clásico que os Madrid - Barça! jeje.
Este ano pasará o que pase a final de tempada, pero como ti dis, que nos quiten o bailado!
Tremenda alegría que nos deron aquela noite e moitas máis naqueles anos. Que grande o noso Depor!
Máis clásico que Maricarmen y sus Muñecos!!! jajajajajajajajajajaja
Grande Depor
Somos a caña!!!
Publicar un comentario