martes, 5 de marzo de 2013
Recomendable
Sábado a noite tiven a oportunidade de compartir mesa e mantel con outras 5 persoas en Casa do Grande en Friol (Lugo). Está situado xusto ó lado da ponte do río Narla que atravesa o pobo lucense.
Debo decir que pasara máis veces por diante do local pero xamáis entrara. Aconsellados por un dos comensais decidimos pasar unha amena cea no citado local e a verdade é que me encantou.
Últimamente nesta zona foron pechando lugares onde comer "un pouco diferente", é dicir, pagar algo menos de 30 euros por cabeza (falo de entrantes, prato principal, postre, café e viño crianza) e comer con calidade.
Este lugar desde XA, é un dos que recomendarei a calqueira que me pregunte onde cear "á carta" polo interior de Galicia.
Estivemos no comedor pequeno (parece ser que ten un moito máis grande), moi acolledor, o trato da camareira foi estupendo, moi simpática e atenta, sempre pendente e moi profesional sabendo o que necesitabamos en cada momento. Destacar o Carpaccio e o Chuletón de Boi: ESPECTACULAR!!! e o prezo moi pero que moi razoable.
Agora que xa vin o funcionamento do local penso voltar máis a miudo, a min con so unha cea xa me gañaron como cliente.
Se tedes a oportunidade acudide alí, penso que non vos defraudará.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario