martes, 17 de xullo de 2007

Fin de semana, loco, loco, loco...


Uff, por fin recuperei do finde. A verdade e que esta vez costoume bastante. A Comisión de festas estame a acabar coa saude, e é que non saimos dos bares chico!!!

O venres fumos a Guitiriz e Teixeiro (xa o dicían os Diplomáticos de Monte Alto "fun a Parga e Guitiriz, Guitiriz e máis Teixeiro, fun a Parga e Guitiriz, percorrín o mundo enteiro), a pedir para a revista das festas, ollo a tropa que nos xuntamos que non ten desperdicio:

Esteban, Pirulo, Petete, Li, Pablo Cotarón, Manolito, José Luis de As Cruces, Seijas de As Cruces, un amigo de Seijas e eu mesmo.

A verdade é que en Guitiriz non había moita xente agás no pub Xoldra que había festa da cervexa e estaba petadísimo, sorteaban unha viaxe a Marrocos, un fin de semana nunha casa de Turismo Rural ou unha guitarra eléctrica entre outros regalos. Moi boa a iniciativa.

En Teixeiro tampouco había demasiada xente pero coas tonterías eu cheguei as 8:15 h a casa e aínda sei de tres persoas que se quedaron tomando a última... je je je.

Sábado durmin ata as 16:00 h e logo directo para a piscina a hidratarme do día anterior, a noite tocoulle a Melide, AMBIENTAZO!!!! que lote de xente!

Puiden ver o novo pub de Miguel de Disco 600 (antigo Bo Boa agora clámase Clap) encantoume, unha decoración con moi bo gusto, unha música bastante boa Black Eye Peas, e xente de este estilo (polo menos o tempo que estiven alí) e unha luz verde nas barras que sinceramente deixoume sorprendido polo ben que queda.

Ademáis tamén puiden ver a nova disco Palladium na que pouco tempo estiven pero opino que lle vai dar moito xogo a Melide. Noraboa pola iniciativa.

O domingo foi tremendo: sorteo o mediodía da cesta da Comisión, liada de cervexa e viños e non subimos nin comer, amablemente no Bar Tato Pablo e Nieves tiveron a amabilidade de facernos unhas hamburguesas a min e a Li as 17:15 h.

Máis tarde marchamos Li, Esteban, Pablo Cotarón e eu para Teixeiro e Guitiriz a seguir pedindo para a revista, máis garimbas, ufff.

Volvimos para Sobrado as 22:30 h e non se nos ocurre outra idea que ir o Monolito a Curtis a ver a Chicas Show (que nunca mellor dito porque vaia show deron, en fin...), Oito, Li, Óscar Armada e eu, máis garimbas...

Para acabar de rematala dinnos que está aberto Desigual e alí nos fumos, había unhas borracheras importantes. Encontreime con Sandra de Teixeiro e xa lle coloquei a prometida camiseta da Comisión que non dudou en poñela un momento, ademáis encargouse de venderme máis camisetas a xente que por alí pululaba, nese momento decidimos a viaxar no tempo a Santo Domingo e pedir un cubatola de Barceló con 7 up, bueno Oito decantouse por seguir en Galicia con unha Estrella e Li elixiu Venezuela co Cacique 500.

Debo dicir que Sandra e eu dimos unha lección de futbolín e gañamoslle a Li e a Bea de Curtis.

Decidimos marchar para a casa pero cando chegamos aínda estaba o Lecer aberto con xente de boda entre elas Cris e Nieves que a acompañaba, ata que tomamos uns chismes non pararon e pecharonnos a porta para que non puideramos marchar, máis Barceló, uff o final deiteime as tantas...

Onte estaba feito polvo, non me extraña!

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Xesús!! Non me extraña que acabaras feito polvo, meu neno, menudo finde máis intenso!! jejeje

Eu o domingo pola tarde pasei por Curtis, pero non se me acordou ir ó Monolito, e eso que sabía que era ese día...

Dios, a ver cando dou ido a Desigual dunha santísima vez, porque esto xa empeza a pasar de castaño escuro!! Vai todo Dios menos eu jejeje

Cando me pille por alí Sandra vaime matar por tardar tanto jejeje

Unknown dixo...

Creo que Sandra estes días vai andar bastante liada coa festa de Teixeiro. Non sei que me da que vai durmir pouco estes días, je je je.

Anónimo dixo...

É verdade!! Xa case me esquecía da festa de Teixeiro!! Que cabeciña a miña...
A min tamén, non sei por qué, pero dame no nariz que vai durmir bastante pouco e "festear" moito moito jejeje

Anónimo dixo...

foi un pracer facerche esa hamburguesa... ainda q pablo se pasase ca "lechuga"!!jajajajajaja
bueno sei quen pagou as consecuencias de que despechárades a porta e marchou mais tarde ca ti.......pero en fin como dice una amiga "pasolacabra"
que e millor que cale a boca que dice miña abuela que "ainda que señamos, non parezamos"......
ai mijiña... se eu che contara... e ti souperas!!!!!!!
moito lato moito lato eh!!!!!! eso que non vou sin fragas!!!!!!

Unknown dixo...

Si un pouquiño pasouse, por un momento pensei que estaba no medio dunha horta de lechugas, non era unha lechuga normal, para min que tiña vida propia e todo. Veume a mente aquela serie que había na TVG fai algúns anos "O Doutor Who" na que os vexetais eran seres asasinos, QUE PARANOIA!!!!