martes, 31 de xullo de 2007

Sans e salvos







Estamos de volta. Custounos, non tiñamos gañas ningunhas pero volvimos da despedida de solteiro de Pirulo.



Agardo que Pirulo o pasara ben, penso que sí, a cara que tiña non indicaba o contrario.



O cansanzo foi facendo mella a volta da viaxe e é que non paramos dende que marchamos de Sobrado.



Antes de arrancar fumos comer o pulpo na Feira do 27 e logo comezamos cos cubatas, o primeiro no lugar de costume: a Cafetería Ramiro.



O segundo na Cervexería Cook en Lugo, nunha gasoliñeira na saida da cidade das Murallas mercamos 10 litronas para que non se nos fixera tan larga a viaxe. Cando chegamos a A Pontenova xa as acabaramos (e aínda non sairamos de Galicia!!!!), en A Pontenova pedimos outras litronas pero non tiña así que Pedino encargouse de pedir 25 cervexas de lata.



O pouco de chegar a terra asturiana nun área de descanso había un bar e alí probamos a sidra por primeira vez na viaxe e na gasoliñeira que estaba ao lado mercamos outras 10 litronas. Imaxenadevos as risas. Cancións de misa a tutiple (Petete como non podía ser de outra maneira levaba a voz cantante, as veces secundabao Borja).



Cando chegamos a Oviedo xa non tiñamos frio ningún, baixamos ao hotel con un subidón impresionante.



Logo de deixar a equipaxe fumos cear a unha sidrería a Colloto, pegado a Oviedo "Terra Astur" se chama, é unha antiga fabrica de cervexa transformada nunha sidrería enorme, decorada con moi bo gusto, se pagas 3,50 € bebes a sidra que che de a gana, ceamos moi ben e bebimos mellor aínda, a maioría saiu de alí a 4 patas (case).



Logo da cea tocou festa por Oviedo, había pouca xente pero para o primeiro día ben valeu.



Compartin habitación con Borja, Alvaro e Pichi, dormir durmin pouco pero rir moito rin.



Cando me levantei o sábado fumos o bar que estaba enfronte o hotel a veña a pegarlle a sidra outra vez, comimos nese mesmo bar e logo de comer subimos as habitacións, a maioría a botar a sesta, na miña habitación vimos o final do Tour de Francia e logo Pichi e eu fumos tomar un Martini para ir collendo a forma para a noite.



Antes de sair de Oviedo dirección Xixón bebimos no mesmo bar onde comeramos unhas botelliñas de sidra (como non), chegamos a Xixón as 21:00 h, alí nos estaba esperando o noso anfitrión Óscar, fumos a zona vella de Xixón a tomar unhas sidras e degustar uns vígaros.



Logo fumos cear o restaurante de Carlos Patiño (outro coñecido en Xixón), o restaurante está dentro de un xardín enorme. Ceamos de luxo e bebimos coma cosacos.



Logo festa toda a noite por Xixón, encantoume, a cidade, o ambiente, a xente, e todo hai que dicilo, as mulleres, QUE NIVELAZO!!! ademáis son simpáticas e faladoras.



Paseino moi ben, os pubs están moi guapos rematamos a festa no Otto, no paseo marítimo, un pub enorme que abre as 05:30 h e non sei a que hora cerra porque saimos do garito as 10:15 e seguía con moita xente dentro e sen visos de querer marchar.



Fumos almorzar con Pichi de protagonista cantando: "y pasame la botella..." debeuno cantar coma unhas 2000 veces. Que risas, tardaron case unha hora en traernos uns bocatas, e tivemos que coller dous taxis a toda prisa para que nos levaran a Oviedo porque as 12:00 h tíñamos a saida do hotel e as equipaxes estaban dentro. Cara a Oviedo arrancamos os 6 que quedabamos, é dicir: Pichi, Li, Álvaro, Pirulo, Alfonso e eu en taxi e a toda velocidade.



Saimos de Oviedo as 12:30 h, comimos en Cudillero, paramos en Meira, en Lugo, e chegamos a Sobrado as 20:45 h, eu as 21:10 h xa estaba na cama, non durmira e estaba machacado, un finde impresionante, con Pirulo de protagonista, onde nos ocorreron unha e mil batallas, houbo momentos que me doia a mandíbula de rir.



Agora aínda queda a voda.






Felicidades Pirulo (bueno e a María tamén, je je je).

10 comentarios:

Anónimo dixo...

o mellor da volta......
deixar a petete tirado nas cruces!!!!!!!!
xa sei q foi voz populis pero xa vos valeu.....
en venganza seica deixou "esquecida" nas cruces "a bolsa cos regalos" das vosas nenas.... en fin... moita asturias... moita festa

Anónimo dixo...

Así en resumo, pódese dicir que durmistes pouco, ristes moito e bebestes moitísimo!!

Felicidades aos da voda!!

Anónimo dixo...

ahi,ahi,dandole duro al tema...
menos millones de euros por kaka y que se lleven a este equipo de fenomenos que funcionan con gasolina de la buena...
este finde os hago yo el relevo en Asturias:bajada del Sellaaaa....
un abrazo a toda mariasantisma!!!!!

Unknown dixo...

-O de deixar a Petete "tirado" en As Cruces foron unhas risas. Tiñas que ver a cara que poñía cando o persoal lle dicía adios dende a ventana do autobús.
-Corroboro as túas palabras Vero: dormir case nada, rir sen parar e beber coma cosacos, algo salvaxe.
-SCHUMI, que pasa tio? ¿QUÉ TE PARECE? MURCIA 1 - POLI EJIDO 0 (GOL DE ARANDA DE PENALTY) je je je.
En el equipo de fenómenos faltabas tú para completar un auténtico DRINK TEAM, je je je.
Oye un AVISO: NO PUEDES FALTAR A LOS DOLORES, VAN A SER UNAS FIESTAS NO DE 40, NI DE 50 NI DE 60 SINO DE 500 EUROS, je je je.
Joder, lo del Descenso del Sella tiene que estar de pinga, tengo oido que hay unas fiestas de acampada descomunales.
Cuidadín por Asturies con la Sidrina.

Saudos

Anónimo dixo...

non sei quen foi o capullo que lle dixo o da sidreria que non daba votado sidra pa vever nos miña nai querida como nos puxo a cabeza

Anónimo dixo...

aviso de vital importancia en PARDIÑAS tamen ai sidra

Anónimo dixo...

LATO AVISARTE DENDE AQUI QUE SONIA E UNAI TAMEN VEÑEN OS DOLORES.¿POR QUE NON CONFECIONAS UNHA LISTA DE FESTEIROS QUE VIVEN FORA QUE SE VAN APUNTANDO A FESTA?

Unknown dixo...

O da sidra foi cousa de dous homes: Alberto Vidal alías "Pedino" e Miguel Sánchez alías "Pichi" me cago nos tipos de rita. Case afogamos coa sidra chico. Que LOCURA!!!!

Pedino dicíalle o camareiro (pobre home o que sufriu con nós e nós con él): a ver joder, non hai sidra neste local ou que?
Pichi dicialle: ábrele al grifo!!!
je je je

Se en Pardiñas tamén hai sidra haberá que ir a degustación, je je je.

Polo que respecta a lista de festeiros NON HAI FALLO, en breves sacarei un post nomeando e numerando os persoeiros:

LA QUE SE AVECINA!!!!!

Saudos e saude

Anónimo dixo...

confirmado.....
en pardiñas oubo sidra mais outros menesteres q non eran sidra!!!jajajajjaa
mi madriña... locura total... ainda q non conseguin sonsacar a oito onde pasara a noite do sabado porque estabamos todos agas el.....
en fin todo sea por la naturaleza y salvar el sonido profundo y embriagador de los grillos!!!!!

Unknown dixo...

Bueno, bueno, dende logo a sidra non para e namáis, ben, ben, productos naturales, ademáis a mazá é boa para a pel...

Vecíña,deixa o pobre David, non ves que é un home moi ocupado e na terra de Guitiriz ten moitas frontes "abertas", normal que non teña tempo a nada.