Pois si, aquí o temos. O tan agardado cartel da Festa dos Dolores. O traballo de todo o ano resumido nun gran papel.
Agardo que vos guste, a Comisión puñemos todo o empeño en intentar facer unha festa acorde co pobo de Sobrado.
Como ben sabedes ampliamos un día de festa e en vez de 3 serán 4 os días de festexo.
Bueno deixome de rollos, miradeo, ledeo, analizadeo...
DESEXO QUE VOS GUSTE
9 comentarios:
Felicidades comisión!!!É un cartel impresionante. Gracias por volver a situar Os Dolores nas mellores festas de toda Galicia.
P.D.:Repetirase a procesión nocturna do Domingo de San Pedro.
Tremendas festazas!!
Pois felicidades pòlo cartén, abrá q pasarse polo pobo veciño
peazo de cartel..... ainda q vos protesten un pouco polo tema do horario ti non sufras lato que nunca choveu o justo de todos!!!! a min xa me ven de puta madre que asi podo disfrutar polo menos o domingo!!!!!!
espero que non nos pase coma en teixeiro... magoa de domingo.... ainda que teño entendido que alguns membros da comision de sobrado non tiveron problema en que chovese por fora nin por dentro.......
como dixen no outro comentario...."pasolacabra" jjajajajajjaja
por certo esqueciame.....
sabes que publicaron o teu comentario sobre a festa medieval de betanzos na paxina " El pasatiempo" a dire completa para que vexas...
http://elpasatiempo.org/2007/07/09/la-feria-medieval-en-la-blogosfera/
e hai mais comentarios facendo referencia o teu blog.....
cando señas famoso irei a tele falar de ti!!!juasjuasjuas!!!!!
Gracias a todos. Agardo que non falle nadie na festa dos Dolores. Só pido unha cousa, que nos respete o tempo máis do que respetou a Comisión da Xuventude de Teixeiro. Que pena daba o domingo con Paris e Panorama no cartel, chovendo o que non está escrito. A Panorama non puido tocar o ter a auga de cara e a París fixo tan só un pase longo co telón a medio baixar, que lastimaa!!!! Traballas todo o ano para traer a estas duas orquestazas e o tempo non te respeta...
Nishita o das críticas polo horario como que nos dan un pouco igual (curiosamente nos últimos anos a festa comezou sempre as 00:00 h, de tódolos xeitos a culpa é nosa por poñer o horario pero pensamos tamén un pouco na xente de fora do Concello que queira vir a Sobrado para que sepan a que hora comeza).
Gracias por darme a nova de que publicaran o meu comentario sobre a Feira Medieval noutro blog, non tiña nin idea, e é que o tio que comentaba a batalla entre mouros e cristians saíase do mapa.
Cando me faga famoso non comentes na televisión que con 4 anos baixaba os pantalóns do chandal e miña avoa me reñía dende a ventana, je je je.
Teño que agradecerlle a Álvaro o traballo extra que fixo o venres en Teixeiro coa Olympus que non daba lido o cartel das festas de Sobrado e tan só lle faltou subir él o palco a lelo.
BEN FEITO NENO!!!
Jajajaja!!! Eras exhibicionista en plan Shin Chan? jejeje
Quen vería a túa avoa pola ventana: Víctor, sube os pantalóns, que non tes vergonza ningunha!! jajaja
Bueno nene eu só desexo que para as festas o tempo acompañe porque co verán que temos......aínda que confío en que veña o bo tempo nas miñas vacacións é dicir en Septembro.....
Nada máis "exhibicionista"o que hay que ler.
Un biqiño.
Tan só cando me daba o punto. E que eu de pequeno estaba coma unha regadeira e ibaseme a pelota que non vexas, pero bueno superar a Shin Chan é difícil, je je je.
Vane ogalla en setembro haxa 40 grados todos os días cun sol que nin en Sevilla, porque eu tamén teño vacacións nese mes e as festas son as festas...
Saudos
Publicar un comentario