Hoxe cúmprense 6 anos dende que o
Real Club Deportivo de A Coruña escribiu unha das máis belas páxinas dos seus 102 anos de historia. Hoxe é o 6º Aniversario daquel triunfo na
Final da Copa do Rey fronte o todopoderoso Real Madrid de Florentino Pérez, na Casa Blanca, o Santiago Bernabeu, o día que o club merengue cumplía 100 anos de historia e precisamente tamén era a Final número 100 do citado trofeo.
O longo de un ano enteiro tanto prensa escrita como televisión e radio viñannos recordando que o 6 de marzo do 2002 era o Centenario do Real Madrid. Florentino Pérez, presidente naquel momento do Real Madrid mandou instalar un reloxo no exterior do Santiago Bernabeu para que fora contando os días que faltaban para o 6 de marzo.
A Federación Española de Fútbol coma homenaxe o Real Madrid acordou que esa tempada a final da Copa íase xogar na data que o Real Madrid estaba de cumpleanos e o esceario de dita final sería o Santiago Bernabeu.
Todo estaba preparado pois para que o Madrid chegase a final e a ganase na súa propia casa e diante da súa afección.
Florentino confeccionou en 2 anos un plantel diseñado para gañar esta Copa do Rey que xa había 11 anos que se lle resistía, sen dúbida que era un equipazo: Zinedine Zidane, Luis Figo, Claude Makelele, Raúl González, Santiago Hernan Solari, Fernando Hierro, Roberto Carlos, Iker Casillas, Míchel Salgado, Steve Mcmannaman, Fernando Morientes...
Polo tanto todo o que non fóra gañar este trofeo era un fracaso supino.
Depor e R. Madrid foron pasando eliminatorías ata chegar a final. O Depor nese momento contaba con unha Copa do Rey gañada tamén no Bernabeu no 1995 fronte o Valencia e a Liga do 2000 ademáis de 2 Supercopas de España.
Dende o momento en que o Depor se clasificou en Sobrado dixemos: "hai que ir a Madrid polo título". A tarefa era moi complicada, polo equipo rival, polas características "especiais" deste partido, pola presión dos medios de comunicación con árbitros, federación,etc, mais no deporte nunca é nada imposible e así foi como organizamos unha excursión a Madrid, con un autobús repleto, nós mesmos nos encargamos de quitar as entradas na antiga oficina da Marina, de alugar o bus de Chucho e de chamar o restaurante de Villacastín (Ávila) para xantar e o restaurante de Vega de Valcarce (O Bierzo) para almorzar.
A tarde anterior a marchares para Madrid fixemos unha pancarta de 25 metros coas cores branquiazuis que poñía
"Sobrado dos Monxes Trukase". Josiño que naquel momento rexentaba a Cafetería Ramiro puxo 3 longas tiras brancas e azuis dende as ventás do piso de arriba da Cafetería no seu exterior ata o chan. Sen dúbida que Sobrado estaba engalanado.
Logo de cear decidimos baixar a tomar uns chismes antes de marchar, en teoría íamonos deitar cedo porque colliamos o bus as 08:00AM pero a noite alongouse...
Baixou todo o mundo (a pesares que era martes o día seguinte todo Dios pediu libre no traballo) e o personal comezou a pegarlle uns meneos o Barceló que non vexas. Houbo partidas de tute, unha pasada..., de repente a eso da 01:00 AM na TVG comezan a dar imaxes e reportaxes dos títulos do Depor ata aquel momento. Nós que xa estabamos entonados cantabamos cada gol que salía na tv, o bar estaba a tope,
ERA UNHA FESTAZA. A confianza subía e unha voz berrou:
IMOS GAÑAR A COPA, ovación por todo o alto e berros de "Forza Depor oe"
Moitos de nós non pisamos a cama, eu subinme duchar a casa as 07:00 AM e recoller a meu pai (madridista 100% dos que teñen venda nos ollos) para baixar. Meu pai flipaba comigo e cando chegou a Ramiro e veu o cuadro que alí había aínda flipou máis.
O pouco chegou o bus, 43 persoas preparadas para
DARLO TODO (como diría Tonhito de Poi), Esteban conducindo e eu que me engancho o micrófono (vaia viaxe de ida que lles din a todo o grupo) metinlles unha raiadura de cabeza pequena. Eu con un contentillo considerable e non paraba de falar, chegando a Sarria meu pai berrou "queres calar un pouco?" e a miña contestación foi "cala ti". Risas xeralizadas.
Chegamos a Vega de Valcarce na fronteira entre Galiza e o Bierzo as 10:00 AM, primeira parada para tomar algo, alí xa caeron unhas cantas Estrella Galicia, os máis tranquilos tomaban café (meu pai entre eles), canción adicada a Juanillo de "El hijo de Lendoiro viene en nuestro bus" (polo seu gran parecido con Augusto César), había 2 fotografos que nos sacaban fotos, era un show.
Arrancamos, e un longo traxecto: Ponferrada, Astorga, La Bañeza, xa se sabe, longa e ancha é Castela, na provincia de Valladolid paramos nun área de servicio e houbo que beber San Miguel porque Estrella non había, a verdade é que había unhas borracheras curiosas.
Preto das 14:00 h chegamos a Villacastín para comer, un trato moi malo, o camareiro díxonos que se cantabamos dentro do restaurante nos votaba fóra (penso que os cánticos a favor do Depor non lle prestaban moito), a comida moi mala (algúns pediron sopa castelá de primeiro e penso que aínda hoxe se arrepinten) e a saida aparece o espabilado de turno. O típico madridista de antes, sal detrás nosa do restaurante e dinos "para donde ireis si vais a perder" (abucheos xeralizados) "lo mejor que tuvisteis en Galicia fue a Franco" (a que armou), comezouselle a berrar "tonto" "subnormal", "facha", as de San Quintín. O paisano meteuse nun Mercedes 190 co As debaixo do brazo e arrancou que lle eran moito horas.
Chegamos a Madrid preto das 17:00 horas, aparcamos no Parque do Retiro onde centos de Señoritas coa "Moral Distraida" estabannos esperando para darnos a benvida os 25.000 seguidores deportivistas que viaxamos ata a capital (algún supoño que festexou o partido antes de comezar).
A Policia Nacional avisanos que non entremos por Concha Espina porque están os Ultra Sur e nos pegan (pois vaia policia).
Imos para o outro lado do Estadio onde estabamos todos os branquiazuis (nos con gaña de festa non de pelea coma os marulos eses) e seguimos privando. Unha marea branquiazul impresionante, Estrella Galicia nalgúns bares, gaitas galegas soando, bandeiras de Galiza coa vaca de fondo para contrarrestar a española co toro... parecía que estabamos na casa.
Radio Marca instalouse preto de onde estabamos nós e comezou a entrevistar a Julio Salinas e a Míchel, polo tanto duas cancións de rigor, a primeira: "Julito eres Dios, Julito eres Dios, Julito eres Dios" o presentador de Radio Marca flipaba e a segunda "Míchel, Míchel, Míchel maricón, maricón, maricoooooooooón" Salinas partíase e Míchel ameazou con abandoar o plató. Risas e máis risas.
Entre unha cousa e outra chegou a hora de entrar, Álvaro, Hassan e Karnotxo entraron antes para colgar a mastodóntica pancarta e un pouco máis tarde entramos nós. Cando entramos estaban cantando os triunfitos e logo tocoulle o turno a Café Quijano, había festa na grada e para nada se pensaba na derrota, respirabase a victoria no ambiente.
Comezou o partido e no primeiro minuto os Riazor Blues entoan unha canción que agora é o lema de moitas afeccións pero que soou por primeira vez esa noite, o "A por ellos, oe", todos os seguimos.
O Depor comeza moi ben plantado no campo e os 3 minutos está a piques de marcar nun lanzamento do gran Diego Tristán que vai a escadra e César nunha estirada colosal despexa a córner.
Os blanquiazuis atacaron para a portería onde estabamos nós na primeira metade e deronlle un baño de futbol o Madrid dos galácticos. No minuto 6 chega o primeiro gol, Diego Tristán recibe de espaldas a uns 10 metros dá área, mete un pase xenial o oco a
Sergio que se vai de Fernando Hierro, entra na área e mételle o balón de caño a César,
GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOLLLLLLLLLLLL, a zona norte do Bernabeu case se cae, os madridistas atónitos e nos a saltos. Nos primeiros minutos e xa por diante, sabiamos que ía a ser difícil, que o íamos a pasar mal pero que o podiamos conseguir.
O Depor non perdeu o sitio en ningún momento e agás un susto nun lanzamento de Zidane o longueiro o Madrid non creou perigo na primeira metade. Raúl fruto da impotencia mételle un empurrón a
DON MAURO SILVA, nese momento enzárzanse, chega Molina, colle do peito o madridista, mándalle un empurrón e deixalle ben claro quen manda no campo. De Raúl non voltamos a saber nada en toda a primeira parte.
O Depor cada vez que chegaba creaba moito perigo e César estaba a salvar o Real Madrid ata que no minuto 35 chegaría o 2º gol. Víctor ten o balón en banda dereita, Juan Carlos Valerón tira un desmarque, recibe o balón chega a liña de fondo, levanta a cabeza e ve a
Diego Tristán desmarcado preto do punto de penalti, pásalle o balón e
Diego remata de primeiras cruzado e sendo imparable para César, o balón chega a rede
GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOLLLLLLL,
Tristán ven a celebrar o gol onde estamos todos os Deportivistas, pégalle unha patada a publicidade e mirando con rabia a grada berra: "Vamoooos", chega Scaloni, Víctor, Valerón e Sergio e sóbense enriba del literalmente, máis tarde chega Mauro e Naybet (que lle das 3 hostias a Diego na cabeza que se mas da a min deixame tonto) e logo o resto do equipo agás Molina que agarda no seu campo. Toda a afección comeza a cantar o xa coñecido oe, oe, oe, oe, Diegol, Diegol. Diego aplaude a grada e cando vai para o seu campo achegase o banquiño e dalle un bico a Djalminha e fai un xesto de OK o resto dos suplentes.
Antes do descanso Víctor tería 2 boas oportunidades para sentenciar o Aniversario do Madrid na primeira metade pero non as aproveitou.
O longo do descanso moitos nervios, chamadas e mensaxes, as liñas bloquearonse, era un descontrol. Dinnos dende Sobrado que se viu a pancarta pola televisiónm MISIÓN CUMPLIDA.
Comeza a segunda metade como acabou a primeira, co Depor dominando e os 5 minutos da reanudación O Mago Valerón nunha xogada de antoloxía logo de regatear escorado a César tira o balón o pao ante a escéptica mirada dos Ultra Sur. Era un baño en toda regla.
O Madrid adiantou liñas, fixo cambios e nun erro de Scaloni por non despexar o esférico, Solari rouba o balón, cédelle a Raúl que marca. Quedaban moitos minutos e tocaba sufrir. Pero emerxeu unha vez máis o mellor medio centro defensivo da historia do fútbol DON MAURO SILVA, qué partidazo se largou a pesares de ter unha tarxeta dende o minuto 10 da primeira metade, recoperou balóns, estivo moi tranquilo na transición do balón, soupo ler o "tempo" do partido, impresionante. Se en vez de estar toda a súa carreira no Depor estivese nun grande de Europa sería nomeado unha e outra vez aínda hoxe en todos os medios de comunicación.
O Deportivo aguantou como puido e Mejuto González moi valente toda a noite, que non se deixou amedrentar pola presión nin polos xogadores pitou o final, Fernando Hierro vaille comer a orella (moi típico nel) pedíndolle aínda non sabe o qué pero a festa está do lado deportivista. Unha marea blanquiazul salta, a min a moitos dos meus colegas cáensennos as bagoas de felicidade, abrazos, saltos, berro de Campeóns e nova canción dos inigualables Riazor Blues adicada o Real Madrid: "cumpleaños feliz, cumpleaños feliz, te deseamos todos, cumpleaños feliz" A xente partíase.
Djalminha e Tristán fúndense nun efusivo abrazo, e o pouco chegan máis xogadores e fan unha montonera impresionante, veñen cara a nosa zona xogadores, corpo técnico, utilleiros, etc. Baixan e soben os brazos en sinal de loanza cara a nós e nós respondemoslles co mesmo xesto e co berro de "Depor, Depor, Depor, Depor" incrible, todos estamos a vivir un sono.
Veñen a tirar as súas camisetas cara o fondo Norte , Scaloni incluso tira os pantalóns e quédase en roupa interior.
Lionel sube o longueiro da portería onde nos situabamos a pesares de que as forzas de seguridade o querían impedir, acompañao Molina (que creo que nunca o vin tan féliz na miña vida) e todo é unha festa.
O capitán Fran recibe a Copa de campións, bica a Lendoiro (qué tempos aqueles) e baixa eufórico co trofeo. Volta de campións o estadio, e 30 minutos máis tarde saimos do Bernabeu co sorriso de orella a orella. Chamadas de teléfono, bocata para repoñer forzas, compraslle a un indixente unha neveira enteira de bebida (mala por certo) por 20 € e camiño da casiña, que o corpo xa non está para moito máis. Os taxistas (moitos son do Atlético) felicitannos e pitan en sinal de triunfo, collemos o bus e camiño de volta.
Eu a verdade é que coa emoción non durmín en toda a viaxe de volta, unida a noite anterior que tampouco durmira a verdade é que me notaba cansado pero non tiña sono, daba igual acababamos de facer o CENTENARIAZO. Chegamos meu pai e eu a casa e metinme na cama coa conciencia tranquila. Levanteime a eso das 17:00 horas, ducheime, comín algo (pouco) e baixei mercar a prensa para ver as portas da XESTA: merquei o Marca, o As, o DXT, a Voz, e o Correo Galego (aínda os teño gardados), as portadas eran impresionantes, qué felicidade! pero o que máis me gustou foi un anuncio que Estrella Galicia puxo na prensa o día seguinte do Centenariazo nel viase duas copas de caña de cervexa, unha valeira e outra enteira e o lema era: "EN MUY POCOS LUGARES INVITAN A UNA SEGUNDA COPA, EL BERNABEU ES UNO DE ELLOS" máis abaixo podíase ler FELICIDADES DEPOR. Guapísimo o anuncio.
E así foi, son infinidade de recordos, de imaxes que teño grabadas na miña cabeza, de felicidade, eso xamáis nolo poderán quitar o Depor foi o protagonista do Centenariazo, en Madrid esta derrota aínda escoce e levarana enrriba polos siglos dos siglos, o día do seu cumpleanos o Bernabeu foi Deportivista e a Copa nº 100 veu para A Coruña.
FORZA DEPOR