xoves, 6 de marzo de 2008

CENTENARIAZO

Hoxe cúmprense 6 anos dende que o Real Club Deportivo de A Coruña escribiu unha das máis belas páxinas dos seus 102 anos de historia. Hoxe é o 6º Aniversario daquel triunfo na Final da Copa do Rey fronte o todopoderoso Real Madrid de Florentino Pérez, na Casa Blanca, o Santiago Bernabeu, o día que o club merengue cumplía 100 anos de historia e precisamente tamén era a Final número 100 do citado trofeo.

O longo de un ano enteiro tanto prensa escrita como televisión e radio viñannos recordando que o 6 de marzo do 2002 era o Centenario do Real Madrid. Florentino Pérez, presidente naquel momento do Real Madrid mandou instalar un reloxo no exterior do Santiago Bernabeu para que fora contando os días que faltaban para o 6 de marzo.
A Federación Española de Fútbol coma homenaxe o Real Madrid acordou que esa tempada a final da Copa íase xogar na data que o Real Madrid estaba de cumpleanos e o esceario de dita final sería o Santiago Bernabeu.
Todo estaba preparado pois para que o Madrid chegase a final e a ganase na súa propia casa e diante da súa afección.
Florentino confeccionou en 2 anos un plantel diseñado para gañar esta Copa do Rey que xa había 11 anos que se lle resistía, sen dúbida que era un equipazo: Zinedine Zidane, Luis Figo, Claude Makelele, Raúl González, Santiago Hernan Solari, Fernando Hierro, Roberto Carlos, Iker Casillas, Míchel Salgado, Steve Mcmannaman, Fernando Morientes...
Polo tanto todo o que non fóra gañar este trofeo era un fracaso supino.

Depor e R. Madrid foron pasando eliminatorías ata chegar a final. O Depor nese momento contaba con unha Copa do Rey gañada tamén no Bernabeu no 1995 fronte o Valencia e a Liga do 2000 ademáis de 2 Supercopas de España.

Dende o momento en que o Depor se clasificou en Sobrado dixemos: "hai que ir a Madrid polo título". A tarefa era moi complicada, polo equipo rival, polas características "especiais" deste partido, pola presión dos medios de comunicación con árbitros, federación,etc, mais no deporte nunca é nada imposible e así foi como organizamos unha excursión a Madrid, con un autobús repleto, nós mesmos nos encargamos de quitar as entradas na antiga oficina da Marina, de alugar o bus de Chucho e de chamar o restaurante de Villacastín (Ávila) para xantar e o restaurante de Vega de Valcarce (O Bierzo) para almorzar.
A tarde anterior a marchares para Madrid fixemos unha pancarta de 25 metros coas cores branquiazuis que poñía "Sobrado dos Monxes Trukase". Josiño que naquel momento rexentaba a Cafetería Ramiro puxo 3 longas tiras brancas e azuis dende as ventás do piso de arriba da Cafetería no seu exterior ata o chan. Sen dúbida que Sobrado estaba engalanado.
Logo de cear decidimos baixar a tomar uns chismes antes de marchar, en teoría íamonos deitar cedo porque colliamos o bus as 08:00AM pero a noite alongouse...
Baixou todo o mundo (a pesares que era martes o día seguinte todo Dios pediu libre no traballo) e o personal comezou a pegarlle uns meneos o Barceló que non vexas. Houbo partidas de tute, unha pasada..., de repente a eso da 01:00 AM na TVG comezan a dar imaxes e reportaxes dos títulos do Depor ata aquel momento. Nós que xa estabamos entonados cantabamos cada gol que salía na tv, o bar estaba a tope, ERA UNHA FESTAZA. A confianza subía e unha voz berrou: IMOS GAÑAR A COPA, ovación por todo o alto e berros de "Forza Depor oe"
Moitos de nós non pisamos a cama, eu subinme duchar a casa as 07:00 AM e recoller a meu pai (madridista 100% dos que teñen venda nos ollos) para baixar. Meu pai flipaba comigo e cando chegou a Ramiro e veu o cuadro que alí había aínda flipou máis.

O pouco chegou o bus, 43 persoas preparadas para DARLO TODO (como diría Tonhito de Poi), Esteban conducindo e eu que me engancho o micrófono (vaia viaxe de ida que lles din a todo o grupo) metinlles unha raiadura de cabeza pequena. Eu con un contentillo considerable e non paraba de falar, chegando a Sarria meu pai berrou "queres calar un pouco?" e a miña contestación foi "cala ti". Risas xeralizadas.
Chegamos a Vega de Valcarce na fronteira entre Galiza e o Bierzo as 10:00 AM, primeira parada para tomar algo, alí xa caeron unhas cantas Estrella Galicia, os máis tranquilos tomaban café (meu pai entre eles), canción adicada a Juanillo de "El hijo de Lendoiro viene en nuestro bus" (polo seu gran parecido con Augusto César), había 2 fotografos que nos sacaban fotos, era un show.
Arrancamos, e un longo traxecto: Ponferrada, Astorga, La Bañeza, xa se sabe, longa e ancha é Castela, na provincia de Valladolid paramos nun área de servicio e houbo que beber San Miguel porque Estrella non había, a verdade é que había unhas borracheras curiosas.
Preto das 14:00 h chegamos a Villacastín para comer, un trato moi malo, o camareiro díxonos que se cantabamos dentro do restaurante nos votaba fóra (penso que os cánticos a favor do Depor non lle prestaban moito), a comida moi mala (algúns pediron sopa castelá de primeiro e penso que aínda hoxe se arrepinten) e a saida aparece o espabilado de turno. O típico madridista de antes, sal detrás nosa do restaurante e dinos "para donde ireis si vais a perder" (abucheos xeralizados) "lo mejor que tuvisteis en Galicia fue a Franco" (a que armou), comezouselle a berrar "tonto" "subnormal", "facha", as de San Quintín. O paisano meteuse nun Mercedes 190 co As debaixo do brazo e arrancou que lle eran moito horas.
Chegamos a Madrid preto das 17:00 horas, aparcamos no Parque do Retiro onde centos de Señoritas coa "Moral Distraida" estabannos esperando para darnos a benvida os 25.000 seguidores deportivistas que viaxamos ata a capital (algún supoño que festexou o partido antes de comezar).

A Policia Nacional avisanos que non entremos por Concha Espina porque están os Ultra Sur e nos pegan (pois vaia policia).
Imos para o outro lado do Estadio onde estabamos todos os branquiazuis (nos con gaña de festa non de pelea coma os marulos eses) e seguimos privando. Unha marea branquiazul impresionante, Estrella Galicia nalgúns bares, gaitas galegas soando, bandeiras de Galiza coa vaca de fondo para contrarrestar a española co toro... parecía que estabamos na casa.
Radio Marca instalouse preto de onde estabamos nós e comezou a entrevistar a Julio Salinas e a Míchel, polo tanto duas cancións de rigor, a primeira: "Julito eres Dios, Julito eres Dios, Julito eres Dios" o presentador de Radio Marca flipaba e a segunda "Míchel, Míchel, Míchel maricón, maricón, maricoooooooooón" Salinas partíase e Míchel ameazou con abandoar o plató. Risas e máis risas.
Entre unha cousa e outra chegou a hora de entrar, Álvaro, Hassan e Karnotxo entraron antes para colgar a mastodóntica pancarta e un pouco máis tarde entramos nós. Cando entramos estaban cantando os triunfitos e logo tocoulle o turno a Café Quijano, había festa na grada e para nada se pensaba na derrota, respirabase a victoria no ambiente.

Comezou o partido e no primeiro minuto os Riazor Blues entoan unha canción que agora é o lema de moitas afeccións pero que soou por primeira vez esa noite, o "A por ellos, oe", todos os seguimos.
O Depor comeza moi ben plantado no campo e os 3 minutos está a piques de marcar nun lanzamento do gran Diego Tristán que vai a escadra e César nunha estirada colosal despexa a córner.
Os blanquiazuis atacaron para a portería onde estabamos nós na primeira metade e deronlle un baño de futbol o Madrid dos galácticos. No minuto 6 chega o primeiro gol, Diego Tristán recibe de espaldas a uns 10 metros dá área, mete un pase xenial o oco a Sergio que se vai de Fernando Hierro, entra na área e mételle o balón de caño a César, GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOLLLLLLLLLLLL, a zona norte do Bernabeu case se cae, os madridistas atónitos e nos a saltos. Nos primeiros minutos e xa por diante, sabiamos que ía a ser difícil, que o íamos a pasar mal pero que o podiamos conseguir.
O Depor non perdeu o sitio en ningún momento e agás un susto nun lanzamento de Zidane o longueiro o Madrid non creou perigo na primeira metade. Raúl fruto da impotencia mételle un empurrón a DON MAURO SILVA, nese momento enzárzanse, chega Molina, colle do peito o madridista, mándalle un empurrón e deixalle ben claro quen manda no campo. De Raúl non voltamos a saber nada en toda a primeira parte.
O Depor cada vez que chegaba creaba moito perigo e César estaba a salvar o Real Madrid ata que no minuto 35 chegaría o 2º gol. Víctor ten o balón en banda dereita, Juan Carlos Valerón tira un desmarque, recibe o balón chega a liña de fondo, levanta a cabeza e ve a Diego Tristán desmarcado preto do punto de penalti, pásalle o balón e Diego remata de primeiras cruzado e sendo imparable para César, o balón chega a rede GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOLLLLLLL,


Tristán ven a celebrar o gol onde estamos todos os Deportivistas, pégalle unha patada a publicidade e mirando con rabia a grada berra: "Vamoooos", chega Scaloni, Víctor, Valerón e Sergio e sóbense enriba del literalmente, máis tarde chega Mauro e Naybet (que lle das 3 hostias a Diego na cabeza que se mas da a min deixame tonto) e logo o resto do equipo agás Molina que agarda no seu campo. Toda a afección comeza a cantar o xa coñecido oe, oe, oe, oe, Diegol, Diegol. Diego aplaude a grada e cando vai para o seu campo achegase o banquiño e dalle un bico a Djalminha e fai un xesto de OK o resto dos suplentes.

Antes do descanso Víctor tería 2 boas oportunidades para sentenciar o Aniversario do Madrid na primeira metade pero non as aproveitou.

O longo do descanso moitos nervios, chamadas e mensaxes, as liñas bloquearonse, era un descontrol. Dinnos dende Sobrado que se viu a pancarta pola televisiónm MISIÓN CUMPLIDA.

Comeza a segunda metade como acabou a primeira, co Depor dominando e os 5 minutos da reanudación O Mago Valerón nunha xogada de antoloxía logo de regatear escorado a César tira o balón o pao ante a escéptica mirada dos Ultra Sur. Era un baño en toda regla.

O Madrid adiantou liñas, fixo cambios e nun erro de Scaloni por non despexar o esférico, Solari rouba o balón, cédelle a Raúl que marca. Quedaban moitos minutos e tocaba sufrir. Pero emerxeu unha vez máis o mellor medio centro defensivo da historia do fútbol DON MAURO SILVA, qué partidazo se largou a pesares de ter unha tarxeta dende o minuto 10 da primeira metade, recoperou balóns, estivo moi tranquilo na transición do balón, soupo ler o "tempo" do partido, impresionante. Se en vez de estar toda a súa carreira no Depor estivese nun grande de Europa sería nomeado unha e outra vez aínda hoxe en todos os medios de comunicación.

O Deportivo aguantou como puido e Mejuto González moi valente toda a noite, que non se deixou amedrentar pola presión nin polos xogadores pitou o final, Fernando Hierro vaille comer a orella (moi típico nel) pedíndolle aínda non sabe o qué pero a festa está do lado deportivista. Unha marea blanquiazul salta, a min a moitos dos meus colegas cáensennos as bagoas de felicidade, abrazos, saltos, berro de Campeóns e nova canción dos inigualables Riazor Blues adicada o Real Madrid: "cumpleaños feliz, cumpleaños feliz, te deseamos todos, cumpleaños feliz" A xente partíase.


Djalminha e Tristán fúndense nun efusivo abrazo, e o pouco chegan máis xogadores e fan unha montonera impresionante, veñen cara a nosa zona xogadores, corpo técnico, utilleiros, etc. Baixan e soben os brazos en sinal de loanza cara a nós e nós respondemoslles co mesmo xesto e co berro de "Depor, Depor, Depor, Depor" incrible, todos estamos a vivir un sono.

Veñen a tirar as súas camisetas cara o fondo Norte , Scaloni incluso tira os pantalóns e quédase en roupa interior.

Lionel sube o longueiro da portería onde nos situabamos a pesares de que as forzas de seguridade o querían impedir, acompañao Molina (que creo que nunca o vin tan féliz na miña vida) e todo é unha festa.

O capitán Fran recibe a Copa de campións, bica a Lendoiro (qué tempos aqueles) e baixa eufórico co trofeo. Volta de campións o estadio, e 30 minutos máis tarde saimos do Bernabeu co sorriso de orella a orella. Chamadas de teléfono, bocata para repoñer forzas, compraslle a un indixente unha neveira enteira de bebida (mala por certo) por 20 € e camiño da casiña, que o corpo xa non está para moito máis. Os taxistas (moitos son do Atlético) felicitannos e pitan en sinal de triunfo, collemos o bus e camiño de volta.

Eu a verdade é que coa emoción non durmín en toda a viaxe de volta, unida a noite anterior que tampouco durmira a verdade é que me notaba cansado pero non tiña sono, daba igual acababamos de facer o CENTENARIAZO. Chegamos meu pai e eu a casa e metinme na cama coa conciencia tranquila. Levanteime a eso das 17:00 horas, ducheime, comín algo (pouco) e baixei mercar a prensa para ver as portas da XESTA: merquei o Marca, o As, o DXT, a Voz, e o Correo Galego (aínda os teño gardados), as portadas eran impresionantes, qué felicidade! pero o que máis me gustou foi un anuncio que Estrella Galicia puxo na prensa o día seguinte do Centenariazo nel viase duas copas de caña de cervexa, unha valeira e outra enteira e o lema era: "EN MUY POCOS LUGARES INVITAN A UNA SEGUNDA COPA, EL BERNABEU ES UNO DE ELLOS" máis abaixo podíase ler FELICIDADES DEPOR. Guapísimo o anuncio.

E así foi, son infinidade de recordos, de imaxes que teño grabadas na miña cabeza, de felicidade, eso xamáis nolo poderán quitar o Depor foi o protagonista do Centenariazo, en Madrid esta derrota aínda escoce e levarana enrriba polos siglos dos siglos, o día do seu cumpleanos o Bernabeu foi Deportivista e a Copa nº 100 veu para A Coruña.

FORZA DEPOR


10 comentarios:

Anónimo dixo...

Hola Victor, que ledicia me deches cando entrei no blog, xa non me decataba eu dese día ...e foi xunto co 4 - 0 o Milán, a Liga e o ascenso os mellores dias de fútbol. E tiven a sorte de vivilo en directo no Bernabeu.. O mellor o cumpleanos Feliz.. Forza Depor.

Unknown dixo...

Hola anónimo, alédome moito que che aledase o día. Disculpa, pero non sei quen eres. Fumos xuntos no bus? veña saudos.

Forza Depor hostia xa!

Anónimo dixo...

Eu tampouco me lembraba deste día e a túa magnífica crónica fixo que me viñeran á mente eses grandes momentos. Incluso estiven a piques de botar unha bágoa, non é coña.

Parece que foi onte e xa pasaron seis anos, miña madriña querida, como pasa o tempo. E mira agora como estamos.

Pero bueno... que nos quiten o bailao. Dentro dun par de semanas seguro que lles voltaremos a dar polo cu, para non variar, e lle poderemos cantar aquelo de "nin liga, nin copa, nin Champions League".

Parabéns pola crónica.

Anónimo dixo...

o peor foi o da pirotecnia que tivo que recoller unha pila de estalotes que tiñan preparados para a victoria do madri, aida oxe lendo o teu blog poñenseme os pelos de punta,que espectaculo e podovos asegurar que antes ou despois o repetiremos
Alberto o que levava o bote.

Anónimo dixo...

PD dende aqui dedicarlle este aniversario a Bross que seguro que o esta celebrando a lo ariba

Anónimo dixo...

Gracias a todos por opinar. Seguro que hoxe é un día moi féliz para todos os Deportivistas.
Quero dende eiquí ter unha adicatoria especial para "Bross", deportivista ata a médula que nos acompañou naquela viaxe e que aló arriba no ceo seguro que hoxe está de festa. Hoxe o ceo máis que nunca é branco e azul.

FORZA DEPOR

Anónimo dixo...

Vexo que os deportivistas non nos esquecemos deste día eh! Eu xa fai varios días que me veño acordando disto e hoxe pola mañá ía no bus pensando: Meu Deus, xa pasaron 6 anos!!

Non sabes como me gustou entrar no teu blog e ver a primeira foto e o titular, que durante algo máis de 4 anos adornaron a parede do meu cuarto :)

Sinto non ter tempo agora para ler a tremenda crónica que escribiches, pero ten por seguro que en canto poida fareino.

Eu non estaba no Bernabéu, estaba na cociña da miña casa, intentando cear mentres vía o partido, pero Sergio e Tristán sacáronme as ganas de comer porque me interrumpían para facerme berrar GOOOOOOOLLLL e dar chimpos no medio da cociña :)

Foi unha noite memorable sen dúbida.

Cando lea o que escribiches comento máis cousas que de seguro que agora me estou deixando no tinteiro. Porque esa noite da moito que comentar.

Un bico.

Anónimo dixo...

Agora si que o lin todo e case choro. Non quero nin imaxinar a cariña de teu pai na viaxe de volta...

Eu por aquel entón ía ao instituto en 4º de ESO [tiña uns 16 anos) e nunca esquecerei a cara de Diego Tristán logo de marcar o gol e ao remate do partido (agora vénseme á cabeza a imaxe de Scalonia en gayumbos...tampouco a esquecerei :)]

Eu penso que aquela noite non había ninguén máis feliz ca el. Por fin lle podía responder a Irureta a pregunta que lle fixera tempo atrás "Y tú qué ganaste??" Agora xa lle podía dicir que acababa de escribir unha páxina na historia do deportivismo e do fútbol español. Cando o vin chorando ao final do partido pola tele púxoseme un nó na gorxa que non me deixaba chorar a min, ainda que era do que tiña ganas. Qué emoción!!

En fin, se teño que escribir aquí todo o que sentín daquela, e todos os recordos que agora me veñen á mente non acabaría. Por hoxe vouno deixar aquí. Se me da o arranque sentimentaloide sobre o tema volverei comentar.

Qué tempo aqueles!! Ese era o meu Depor, o Depor que quería ter sempre, o que abraiaba a Europa na Champions como ese equipo dun recuncho de España que recén chegado á máxima competición europea lle gañou ao Manchester United na súa casa (goles de Sergio e o gran Diego Tristán, que casualidades). Que lle gañou ao Arsenal, á Juventus de Turín, ao Milán,...qué noites de maxia vivimos co Depor!!

Quen me dera poder volver vivilos axiña...

Un bico!

Álvaro dixo...

Bufffff!!Teño os pelos de punta, vaia festaza!!!
Penso que soi un momento imposible de igualar, non só polo título de copa(podemos gañar outros de maior importancia)senon polo ambiente do famoso CENTENARIAZO.Ainda e hoxe o día que falando de futbol con calquer madridista sacas o tema CENTENARIAZO e cortase a conversación.
P.D.: esperemos voltar pronto a unha final(se gañamos moito mellor ), BROSS virá con nós.

Pitus dixo...

Ese día yo tambien estuve en el Bernabeu via telefónica,aunque realmente no llegue a entender muy bien que es lo que hablaban estos personajes que andaban todo eufóricos y no era para menos.