xoves, 27 de marzo de 2008

O Retorno do "Papador" insaciable


Con esta cara quedou o príncipe Carlos de Inglaterra onte na visita que o presidente francés Sarkozy e a súa mediática muller Carla Bruni fixeron o país inglés.
A expresión é todo un poema, queda claro que para o seu adentro o amigo "Charles o Orellas" pensaba: "Carallo, estache boa a Bruni esta, ben a cambiaba por Camilla, non sei se non dicirlle que lle regalo Gales, Irlanda, Escocia e o que faga falta se deixa o anano este e se ven comigo a Buckingham Palace".
Menos mal que a Bruni non creo que esté moito pola laboura porque senón a Raiña Isabel igual palma de infarto ou da mala hostia. Xa cando foi o de Diana non as tiña todas consigo (de sobra é coñecido que Camilla nunca lle caeu nada ben) e se agora Charles dera a espantada e se fora con Carla xa sería o cachondeo pai en Palacio.
Entendible o sentir de Charles, non só pola beleza de Carla senón porqué Camila Parker Bowles, non é que sexa fea, digamos por dicilo dunha forma fina, NON TEN GLAMOUR.
Hai Carliños, Carliños, coa de mulleres fermosas que puideche ter o teu carón e fuche acabar con un cardo que non vexas.
En fin, ver para crer...

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Si claro, como que Carlos de Inglaterra ten moito glamour el non? Ben lle vale Camilla! Fan boa ensalada, que os dous teñen unha beleza parecida...

Anónimo dixo...

ei menos mal que leva o traxe de principe que se non parece mismamente o do anuncio do martini

Unknown dixo...

A verdade é que Charles, guapo, o que se di guapo non é pero ten unhas orellas...

É certo que non destaca pola súa beleza pero o longo da súa vida si que se arrimaron belas mulleres debido o poder da súa "carteira".

En fin, qué triste.

Saudos