luns, 31 de marzo de 2008

Os hoteis máis luxosos do mundo

O post que hoxe propoño xa hai algún tempo que o quería poñer. Quizáis pola miña vocación ou porque é un regalo para a vista, o tema que nos ocupa son os hoteis máis luxosos do mundo. Unhas suites con uns prezos prohibitivos para a gran parte da humanidade pero que polo menos, as fotografías permítennos estar un pouco máis preto de estas maravillas e adéntrannos a soñar e gozar de estos espazos. A disfrutar...

Hotel President Wilson: (Xenebra- Suiza)
Ten as portas e as ventás blindadas, a habitación mide 1208 metros cuadrados, ten vistas sobre o precioso lago de Xenebra. A suite dispón de 4 habitacións e 6 baños ademáis de un comedor para 26 persoas (nin máis nin menos). O seu prezo por noite unha ganga: 28.000 €

http://www.switzerlandbookings.com/

Hotel Martínez: (Cannes-Francia)

Foi fundado en 1929. A suite dispón de 4 habitacións, jacuzzi privado (ummmmm) e unha enorme terraza con vistas o Mar Mediterráneo, o seu prezo por noite... 26.000 €

http://www.hotel-martinez.com/

Grand Resort Lagonissi: (Atenas - Grecia)

Este hotel encóntrase preto dos tesouros culturais da Antiga Grecia. Ten 2 piscinas privadas (unha interior e outra exterior), vistas o Mar Mediterraneo, ximnasio privado..., as irmáns Hilton son unhas clientas habituais, o prezo por noite 24.000 €

http://www.lagonissiresort.com/


Plaza Athénée: (París - Francia)

Ubícase na rúa máis cara de París, a Avenida Montaigne, entre os Campos Elíseos e a Torre Eiffel. Foi inaugurado en 1911 e dentro do seu "staff" encóntrase un dos chefs máis reputados do mundo: Alain Ducasse. O mobiliario data do século XVIII e dende as ventas da suite pódense apreciar os citados Campos Elíseos e a Torre Eiffel. O prezo por noite baratiño de todo: 12.300 €

Hotel Four Seasons: (Nova Iorque - Estados Unidos)

Situado en pleno Manhattan, o hotel Four Seasons presume de ter entre os seus clientes a "medio Hollywood", incluidas algunhas estrelas que en máis de unha ocasión o escolleron para pasar unha noite de romance as agochadas. A suite mide 457 metros cuadrados e está ubicada no piso 51 do hotel onde se poden observar unhas bonitas vistas de toda a cidade. O prezo por noite é de 10.500 €

www.fourseasons.com/newyorkfs

Hotel Burj-Al-Arab: (Dubai - Emiratos Arabes Unidos)

Este espectacular hotel é o único de 7 estrelas do mundo e está construido nunha illa artificial na Costa de Dubai. Pretende ser a imaxe de unha vela hinchada polo vento a 321 metros de altura. Dispón de servicio de Rolls-Royce por cliente, ten recepcións e ascensores privados para non cruzarte con ninguén,maiordomos o teu servizo as 24 horas do día, lavamáns bañados en ouro, no teito dispón unha plataforma para aterraxe de helicópteros, cine privado, jacuzzi, cama circular sobor plataforma rotante..., unha maravilla vamos. O prezo en comparación os outros hoteis é moito máis razoable sobor de todo polos servizos que presta: 7.700 € a noite.

http://www.burj-al-arab.com/

Ciragan Palace Kempinski: (Estambul - Turquía)

Dispón de unhas espectaculares e diferentes vistas: por un lado pódese observar a parte Antiga da maravillosa cidade de Estambul e polo outro lado o Bósforo que divide Europa de Asia. A suite ten un "hamman" ou baño turco e unha ducha con auga de choiva. John Kennedy Junior pasou neste hotel a súa noite de bodas. O prezo por noite da suite é de 5.900 €

http://www.ciragan-palace.com/

Las Ventanas del Paraiso: (Golfo de California - México)


Para o meu gusto o máis bonito de todos. Está rodeado polo Mar Cortés e está especialmente pensado para relaxarte e disfrutar entre piscinas, plaias ou un spa para aliviar o estrés e as "presións cotidianas". Todas as suites teñen terrazas, piscina e jacuzzis privados, e algunha delas, as máis luxosas, teñen o seu propio maiordomo para asegurar os servizos máis exclusivos posibles e poder cumplir todos os desexos do cliente por muy caprichosos que sexan. Jennifer López e Bono de U2 son dous dos clientes máis habituais desta preciosidade. O seu prezo por noite é de 3900 €.

http://www.lasventanas.com/

Se algunha vez me tocan os Euromillóns, un bote forte da Primitiva ou unha Quiniela como deus manda vou desafiar as leis da ostentación e pasarei unha noite en algún de estos hoteis aínda que só sexa para saber o que se sinte.

Non me digades que non vos pica a curiosidade..., je je je.

Saudos e que teñades un bo comezo de semana.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

O hotel no que estiven eu esta semana pasada non era nin de lonxe coma estes (eu non son tan adiñeirada jeje), pero estaba xenial. Tiña os jacuzzis na azotea e a xente non debía saber deles, porque eu e os meus acompañantes na viaxe estivemos sós neles unha mañá enteira! Estábase de vicio.

O de Dubai é incrible, eu cando lin que é o único do mundo con 7 estrelas flipei! Tremendo.

E si, a min tamén me gusta máis o de México (aparte de porque costa menos), porque nesa foto é máis atractivo que os demáis. E estar entre piscinas e o mar e tanto luxo...mamaíña!! Eu aínda estou flipando.

Unknown dixo...

Se podes e tes tempo linka as paxinas de cada hotel que están no fondo da descrición que fago de cada un deles. Non teñen dúbida ningunha...