
Polo que a min respecta comeza hoxe o tema: con unha "cuchipanda" onde se degustará churrasco, productos típicos de Italia e para regar todo isto, sidra, cervexa, viño italiano e viño da Ribera do Douro. Seguiremos mañá coa comida de Nadal de empresa (mañán non acudirei a cita dos venres con este blog, MIL DISCULPAS), e o sábado a cea de Nadal do equipo de fútbol..., ufff, en fin que so de pensalo xa me poño malo, e eso antes de que chegue o martes cando nos toque o Gordo de Nadal que xa será o non vai máis. A partires de ahí un día tras outro "leña ó mono que é de goma": o colesterol contento, os triglicéridos bailando samba, a tensión coma un montacargas, o azúcar, o ácido úrico..., e os médicos temblando pensando no 7 de xaneiro e a masificación de enfermos empachados que lles agarda...
Como dirían os vellos... "ai meu corpiño!"
2 comentarios:
jajaja eres ben simpático!!! Encantoume este post de hoxe, moito me rín co colesterol contento, os triglicéridos bailando samba e os médicos temblando! jejeje
Moi ocurrente!
BO NADAL!!!!
Grazas Vero, jajaja, xa ves son cousas expontaneas que saen así..., a cabeza está como está e non lle hai que facer..., jajaja.
Bo Nadal tamén para ti.
Publicar un comentario