mércores, 21 de abril de 2010

Adeus a un cabaleiro

Na mañá de hoxe falecía a idade de 89 anos nun hospital de Barcelona, a súa cidade natal, Juan Antonio Samarach, Presidente de Honor do Comité Olímpico Internacional e máximo protagonista de que o espíritu olímpico de un tempo a esta parte predominara no deporte. Cando Samaranch se puxo á fronte do COI os escandalos eran o pan noso de cada día. Conseguiu que as Olimpiadas foran recuperando o seu explendor e o Fair Play predominara por riba de todo e de todos. Home importante para que Barcelona fora o lugar de acollida das Olimpiadas de 1992 que tanta gloria deron o deporte español, nestes ultimos anos intentouno con Madrid pero de momento non foi posible, seguro que no ceo Samaranch terá a súa recompensa e a capital do estado acollerá unhas Olimpiadas en anos vindeiros.



D.E.P.



Grazas por facerlle tanto ben ó deporte mundial.

1 comentario:

Vero86 dixo...

Densanse en paz e ogallá en anos vindeiros poidamos celebrar unhas Olimpiadas en Madrid como homenaxe a este home.