Grazas a Deus miña avoa experimentou nestes días unha melloría increible (agardemos que non se torza nada) . A viaxe que dende hai unhas semanas temos programada para este finde corría perigo para min polo grave estado da nai de meu pai. Como digo a cousa está indo a mellor a pasos axigantados así que mañá arrancaremos se Deus quere pola tardiña para Salamanca. Non podía faltar a viaxe a capital charra que facemos todos os anos. Desta volta imos nun número de 14 unidades e a cousa promete e bastante. Parece tamén que o tempo nos vai acompañar así que se nada se torce Sobrado fará patria en Salamanca un ano máis.
Veña coidadevos moito.
Saudos e que pasedes bo finde.
2 comentarios:
Alégrome moito que as cousas melloraran tanto, de verdade. Desgrazadamente sei o mal que se pasa cando un avó está maliño.
Bicos!!
Pois sí Vero, as cousas deron un xiro inesperado grazas a Deus e pasamos de ter a esperanza perdida o luns a ver como o mércores recobrara unha vitalidade inusitada. Se todo segue así axiña se virá para a casa.
Bicos.
Publicar un comentario