Non puido ser, a clasificación para o Teresa Herrera terá que agardar a vindeira tempada. Fixemos probablemente o peor partido da tempada (todos estivemos fatal) e o Iceacsa pasounos por riba. Estivemos máis pendentes do colexiado que influiu en 2 goles, que de xogar o partido e non o afrontamos coa tensión suficiente, quizais porque eramos sabedores de que o empate nos metía no "soño" de xogar o torneo máis prestixioso cos mellores equipos da Coruña, unha das cidades de España onde máis nivel hai de fútbol sala.
O partido perdímolo no descanso pois con 4-0 por debaixo imaxinádevos como estaba a moral..., tivemos un atisvo de remontada logo de comezar a mover rápido o balón marcamos o 4-1 cando ían 3 minutos da segunda metade pero 5 minutos despois o Iceacsa marcaría o 5-1 final o rematar un córner que tampouco foi...
De todos os xeitos hai que catalogar a tempada de "moi boa" pois acadamos un ascenso impensable cando comezamos todo esto "para botar unhas pachangas pola semana e de paso tomar unha cervexa pola Coru", as cousas foron saindo e o ascenso foi posible. A tempada 09/10 rematou para o Pub Kemais F.S., ou non..., pois aínda hai que poñer a data para a cea de fin de tempada e "degustar" uns "misturados" polo Orzán.
Bufffff
P.D: relacionado con "soños que se acaban" déixovos o "Wide Awake" do inconmensurable grupo belga "Milk Incorporate"
Ningún comentario:
Publicar un comentario