Xa está, por fin, de unha vez por todas pódese dicir: son/somos CAMPIÓNS DO MUNDO DE FÚTBOL. Atrás quedan malas sensacións nos mundiais, derrotas inxustas, arbitraxes calamitosos (un deles foi o de onte da final, vergonzoso Howard Webb), a barreira dos cuartos de final que foi aniquilada de golpe e porrazo; primeira vez que España chega a final do mundial e título para a casa. O gol do home que non é mediático, o que non leva piercings, nin mechas, nin tatoos, o que leva o esférico pegado o pe e sufre mil e unha patadas sen rechistar e se levanta e segue xogando: o quixote da Mancha, Andrés Iniesta. Ese gol quedara grabado para sempre nas nosas retinas. Mención especial tamén para Iker Casillas, o mellor porteiro do mundo foi criticado inxustamente por novas que nada tiñan que ver co fútbol e conforme foi transcurrindo o Mundial deixou ben as claras que hai moitos "periolistos" que mellor era que se adicaran a outra cousa. Mereceo o igual que a súa moza, unha boa profesional que é críticada so por ser moza de..., unha inxustiza.
Este é o Mundial de todos, dos 23 xogadores, do corpo técnico, de todos os afeccioados o bo fútbol que onte dou un paso adiante. Amosouselle o mundo que se pode ser campeón do mundo e campeón de Europa facendo fútbol bonito e de toque. Onte tod@s o celebramos, foi un festón e aínda hoxe o ver as imaxes en televisión emocionome e pónseme a pel de galiña. Estou sen voz, pero mereceu a pena, foi moita a tensión acumulada, moitos nervos, penso que dende a final do Centenariazo en Madrid xamáis estiven tan nervioso por conta do fútbol, agora toca disfrutar, hoxe máis que nunca a cor vermella é o símbolo identificativo do noso país.
GRAZAS POR ESTES MOMENTOS INESQUECIBLES CAMPIÓNS!!!
2 comentarios:
SI SIIIIIII...... HAY ESTA LA SELECCION, LA MEJOR DEL MUNDO!!!!!!!
Se lo han currado si senyor!!
Publicar un comentario