Nin no mellor dos meus sonos me podía imaxinar que cando se me pasou pola cabeza facer este blog co agallo de compartir vivencias, falar de eventos, festas, diversións e coñas varias con quen quixese perder un anaco do seu tempo léndome ía acadar a cifra de visitas que este blog ten na actualidade.
Latosobrado.blogspot.com naceu no mes de xuño de 2007 pero non foi ata o 22 de xullo de 2008 (hai hoxe dous anos) cando me decidín a poñerlle un contador de visitas. A esta hora o marcador de visitas está en 80.051, unha cifra que me fai hinchar o peito e que a súa vez pareceme un halago para a miña persoa. Pero quero mellorar, non nas visitas, que me parece unha cifra incrible senón na calidade dos post e tamén teño a asignatura pendente de que os que vos pasades por eiquí comentedes máis os post. Quero agradecer as vosas visitas e de forma especial a aqueles e aquelas que comentades habitualmente.
Cando pase todo este apoxeo de agosto intentarei darlle nova vida o blog con temas inxeniosos e divertidos pois a esencia de este blog é o humor e tomar a vida de este xeito. Para ler cousas amargas e malos rollos xa están outros lugares cos que non me identifico.
Grazas a tod@s por estar ahí unha vez máis.
Sodes a caña!!!
5 comentarios:
Xa sabes por que seguimos a ler o que escribes aquí, verdade? Pois iso, segue así!!
Saudiños
Felicidades Victor!! ya sabes que somos incondicionales!
Un biko
Sara
Gracias polas vosas palabras chicas, intentaremos potenciar o blog, palabra.
Unha aperta.
Enhorabuena y gracias a ti! Qué miedo eso de mejorar el blog... ya epiezan a aparecer simbolitos que no sé qué significan! sensibilizaté con las analfabetas tecnológicas como yo y no me lo compliques mucho!
Felicidades y adelante. Besos!
Publicar un comentario