Logo de 5 días sen deixar rastros da miña estancia por estes lares retómolle un pequeno pulso ó blog. Foron días atípicos, extranos..., raros en breves palabras.
Martes foi festivo local eiquí en Sobrado, un festivo que daba inicio a festividade de San Pedro, patrón do pobo e símbolo das primeiras festas importantes no que ó verán sobradense respecta.
Climatoloxía espectacular con un sol de xustiza e noites máis que agradables. A festa amenizouno no seu primeiro día a orquestra Tropicana de León. Decir que se xuntou un número importante de xente pola noite a pesares de que cadraba no medio da semana. Houbo festa por todo o alto ata altas horas da madrugada, primeiro na praza do Concello e a posteriori en diversos locais hostaleiros de Sobrado.
Onte mércores era o segundo e último día das festas do "San Peter", unhas festas para abrir boca nun verán que promete.
A orquestra encargada de poñer a música foi Delirio. Moi boa orquestra que seguro que a primeira vez que a vedes sorprenderavos musicalmente pois ten unha boa e variada oferta musical, bo son e actividade nos seus musicos.
Un chisquiño menos de xente na noite de onte e tamén un chisquiño menos de animación pois o persoal andaba cansado do largo festivo anterior.
Hoxe volta á normalidade pero para quen vos escribe mañá de novo haberá variacións no que a un venres normal respecta. Celebrase como cada ano a "Festa dos Maiores" no pavillón polideportivo e alí estaremos mañá e tarde axudando para que os nosos maiores disfruten de un gran día: o seu día.
Polo tanto mañá este blog estará inactivo no que a miña persona respecta.
Noutra orde de cousas decir tamén que o sábado e domingo son as festas do San Pedro na vila natal do meu pai, Présaras. Se vos queredes pasar por alí este é o cartel de orquestras: o sábado 3 de xullo as formacións que actuarán serán Grupo Tokio e a Orquestra da nosa amiga Rosalía Xente Nova.
Polo que respecta ó domingo 4 de xullo a música correrá a cargo da orquestra Panamá e como broche de ouro: París de Noia.
Unha París de Noia, por certo, que tras varios anos dando bandazos parece que esta tempada volveu a medrar e o venres puiden disfrutar coa súa actuación en Guitiriz, pola banda contraria decepcionoume moitísimo Olympus, agardo vela máis veces pois unha mala noite tena calquera pero non me pareceu nin a sombra do que foi anos atrás, agardo que tan so fora iso: unha mala noite.
Saudos xente!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario